> Home, ou pantalla ou proxector, digo eu. Para que fan falta unha > pantalla e un proxector?
Pois o proxector para recoller o sinal de video que saia do portatil do relator...... e a pantalla para servir de superficie onde ver o que proxecte o proxector..... OTOH, Rudi --tu xa tes falado con el, o rapaz co que estaba a chatear á vez que contigo-- fíxome un comentario: para iso non fai falla tanto; abonda con facer un "screencast". E barallando a ideia non ten pouca razón, eu pensaba en que o resultado fose algo semellante a http://www.swiss.ai.mit.edu/classes/6.001/abelson-sussman-lectures/ (*) mais, renunciando a aparecer disfrazado de bruxo cun capirote e arrodeado de fume, ou a interpretar o papel de máquina de von Neumann interpretando ordens, o mesmo resultado pode acadarse con rekordmydesktop, ou para os afortunados usuarios de kde4, coa extensión de kwin que serve para facer gravacións do escritorio. (*)Advertencia: Visionar ese curso pode afectar á saúde mental do espectador. Precaución. Iso sí, acheino moi instructivo e entretido. Eu antes era un tipo normal, gostaba do fútebol, da cervexa, saía polas noites, [&c]*3, e desque o vin ..... ben, algúns xa sabedes que son algo borde. Se ignoramos este detalle por agora, así como o do lugar da realización, que ben pode ser Foz, ou outro sitio que quede máis á mao, quedaría determinar cal sería o "programa" dunha xornada de intercambio de experiencias e formación en tradución de software (libre). No que se refere ás experiencias, penso --acercando a sardiña ao tizón-- que as máis típicas son as seguintes: 1-Tradutor só nun proxecto, sen un coordinador, que envía o po aos desenvolventes. 2-Tradutor só nun proxecto, que actua tamén como coordenador, e debe lidar con repositorios e conflitos, e empregue intensivamente algo semellante a "memorias de tradución", exemplo: Tarrío, e se non me equivoco Leandro. 3-Tradutor membro dun proxecto, con coordinador, que envía o po ao coordinador para que este lide co repositorio, p. ex.... xixirei, miguel, xose, ou eu mesmo mantes que facerme coa conta do svn de kde. 4-Tradutor de calquer dos grupos anteriores que ten que sofrir sistemas atípicos de tradución, por exemplo: daniel. E xa que logo, con 3 ou 4 relatorios dun máximo de 30 minutos cada un poderíanse expor as experiencias, e facer pequenas perguntas de aclaracións, e logo con outra hora, ou hora e meia quedaría listo o intercambio de metodoloxías. Se lle engadimos unha pequena introdución, por exemplo baseada nas presentación de este, como era?,............ Tsao? nunha mañá fusilado o tema de expor e queda a tarde para comentarios, intercambios, &c. E a todo isto, de que estaba a falar? Vaia, fóiseme a pelota, e teño traballo, a ver se á noite me acordo e remato a parrafada :'-(

