Estou pensando que de realizar unha TM con todas as traducións
dispoñibles igual habería que dividila dalgún xeito. É dicir, non vén
moi a conto usar unha TM con traducións do Battle for Wesnoth para
traducir un programa do Koffice. O estilo é totalmente diferente,
ademais de que as traducións non se van axustar moito. Igual estou
esaxerando. Que pensades?

Por outra banda, non lembro que na xuntanza do g11n se falara moito da
creación, mantemento, exportación, etc. de memorias de tradución. O
seu uso supoño que estará limitado a certos programas de tradución. O
Poedit ten o seu formato particular e nin exporta nin importa. Nacho
está traballando no gtranslator nestes mesmos momentos e fará case
todo o que se lle pida. Non sei como está a cousa en ferramentas web,
nin no lokalize/kaider/kbabel. Alguén coñece outra aplicación para
traducir?

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a