> markuff? E iso que é?

Perdón, Martiff.

> En realidade si poden ser útiles para traducir versións posteriores
> desa documentación. Obviamente unha memoria de tradución do manual do gcc
> valerá de ben pouco á hora de traducir os menús do kopete :) pero dunha
> versión a outra pode haber moitos párrafos comúns ou moi similares (creo
> que o OLT indicaba coincidencia parcial a partir dun 70%).

Para iso si. Agora que comezamos a padecer a  documentación de kde,
pois pode ser útil, pero como non hai case perdas de cadeas de versión
en versión pois máis útil que para unha mesma documentación áchoo para
iniciar traducións de novos ficheiros.

Xa veremos co tempo, de momento a cousa está verde de máis como para
poder pola miña banda facer unha valoración boa.

Iso si, en xeral, no referente á tradución de documentacion docbook, o
que me soan son máis lamentos que músicas.

> E sobre a tradución de documentación: se cadra é o momento de avaliar a
> posibilidade de usar tradutores automáticos e ver de aproveitar así o que
> xa está traducido en Portugal pero sobre todo no Brasil.

Jejejejejejejeje..... co port2gal non se obtiñan resultados tan maus ;-)

>Supoño que non é o mesmo traducir que revisar.
A experiencia que tiven con kde3 e o port2gal dábame un aumento de
velocidade en revisar fronte a picar todo de un 4x a 6x. Isto é, nun
sábado daquela podía facer 1k msgstr, e agora se chego a 150 vou que
chuto.

>O ideal sería facer unha proba de avaliación
> para estudar se compensa ou non. Que vos parece? Polo menos para dispor
> dunha base mínima de documentación que despois poida ir sendo actualizada.

Váleche o 7% da documentación de kde? consulta as ... estatísticas de 4.1
Por min, foza todo canto queiras.

>
> Saúdos,
> Susana.
Dixenche xa que foi unha pena non foses á g11n?. A Berto coñecinno na
guademy da coruña do ano pasado, e a verdade, aínda teño que
agradecerche que puxeses os scripts eses no teu espazo web.

Até logo,

Responderlle a