2008/6/16 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> markuff? E iso que é?
>
> Perdón, Martiff.

Hei mirar. A min soanme raros os dous.

>> En realidade si poden ser útiles para traducir versións posteriores
>> desa documentación. Obviamente unha memoria de tradución do manual do gcc
>> valerá de ben pouco á hora de traducir os menús do kopete :) pero dunha
>> versión a outra pode haber moitos párrafos comúns ou moi similares (creo
>> que o OLT indicaba coincidencia parcial a partir dun 70%).
>
> Para iso si. Agora que comezamos a padecer a  documentación de kde,
> pois pode ser útil, pero como non hai case perdas de cadeas de versión
> en versión pois máis útil que para unha mesma documentación áchoo para
> iniciar traducións de novos ficheiros.
>
> Xa veremos co tempo, de momento a cousa está verde de máis como para
> poder pola miña banda facer unha valoración boa.
>
> Iso si, en xeral, no referente á tradución de documentacion docbook, o
> que me soan son máis lamentos que músicas.
>
>> E sobre a tradución de documentación: se cadra é o momento de avaliar a
>> posibilidade de usar tradutores automáticos e ver de aproveitar así o que
>> xa está traducido en Portugal pero sobre todo no Brasil.
>
> Jejejejejejejeje..... co port2gal non se obtiñan resultados tan maus ;-)
>
>>Supoño que non é o mesmo traducir que revisar.
> A experiencia que tiven con kde3 e o port2gal dábame un aumento de
> velocidade en revisar fronte a picar todo de un 4x a 6x. Isto é, nun
> sábado daquela podía facer 1k msgstr, e agora se chego a 150 vou que
> chuto.
>
>>O ideal sería facer unha proba de avaliación
>> para estudar se compensa ou non. Que vos parece? Polo menos para dispor
>> dunha base mínima de documentación que despois poida ir sendo actualizada.
>
> Váleche o 7% da documentación de kde? consulta as ... estatísticas de 4.1
> Por min, foza todo canto queiras.

Eu polo que vexo a documentación non se actualiza tan a miúdo coma as
interfaces. As traducións poderán esixir máis traballo, pero case non
hai que actualizalas. Automatizando un pouco o proceso, xa que antes
eu fixera as traducións metendo as zoupas no código html directamente,
será máis fácil de traducir e moito máis de actualizar. Non me gusta a
opción de usar traducións do portugués, nin tampouco de ningún outro
idioma, pero iso é debido a prexuizos meus e ó feito de que esas
traducións teñen erros de vulto. Cunha moi boa revisión non habería
problema. Iso si, en canto haxa unha base grande dabondo de traducións
en galego de documentación sería mellor usar esas traducións e pasar
máis dos outros idiomas.

Por outra parte eu cando falaba de documentación estaba pensando en
howtos e igual na documentación en docbook de kde, gnome, ou inkscape,
ainda que este último tamén ten titoriais en SVG, os desenvolvedores
extraen agora as traduciósn a ficheiros .po, pero como ben dicides,
tamén hai outra documentación coma as páxinas man e as páxinas info, e
igual outra documentación, que non sei como traducir.

>> Saúdos,
>> Susana.
> Dixenche xa que foi unha pena non foses á g11n?. A Berto coñecinno na
> guademy da coruña do ano pasado, e a verdade, aínda teño que
> agradecerche que puxeses os scripts eses no teu espazo web.

Se mal non lembro, foi tal. Estaba dúas filas detrás da fila principal
de Trasno.

Aproveito aquí para responder ó de que viria sendo en principio para
tradutores. Non agardes que cruce media galicia para ir a foz. Un
sitio neutral, pensemos nos de vigo.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a