2008/6/16 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> Home, ou pantalla ou proxector, digo eu. Para que fan falta unha
>> pantalla e un proxector?
>
> Pois o proxector para recoller o sinal de video que saia do portatil
> do relator...... e a pantalla para servir de superficie onde ver o que
> proxecte o proxector.....

Ah, non caira nisto do malditos portátiles que ó enchufar ó proxector
perden a imaxe da pantalla.

> OTOH, Rudi --tu xa tes falado con el, o rapaz co que estaba a chatear
> á vez que contigo-- fíxome un comentario: para iso non fai falla
> tanto; abonda con facer un "screencast".
>
> E barallando a ideia non ten pouca razón, eu pensaba en que o
> resultado fose algo semellante a
> http://www.swiss.ai.mit.edu/classes/6.001/abelson-sussman-lectures/
> (*) mais, renunciando a aparecer disfrazado de bruxo cun capirote e
> arrodeado de fume, ou a interpretar o papel de máquina de von Neumann
> interpretando ordens, o mesmo resultado pode acadarse con
> rekordmydesktop, ou para os afortunados usuarios de kde4, coa
> extensión de kwin que serve para facer gravacións do escritorio.

E non é recordmydesktop??

> Se ignoramos este detalle por agora, así como o do lugar da
> realización, que ben pode ser Foz, ou outro sitio que quede máis á
> mao, quedaría determinar cal sería o "programa" dunha xornada de
> intercambio de experiencias e formación en tradución de software
> (libre).
>
> No que se refere ás experiencias, penso --acercando a sardiña ao
> tizón-- que as máis típicas son as seguintes:
>
> 1-Tradutor só nun proxecto, sen un coordinador, que envía o po aos
> desenvolventes.
> 2-Tradutor só nun proxecto, que actua tamén como coordenador, e debe
> lidar con repositorios e conflitos, e empregue intensivamente algo
> semellante a "memorias de tradución", exemplo: Tarrío, e se non me
> equivoco Leandro.

E tamén xixirei, somos co-coordinadores no opensuse, e non estamos
sós, coordinamos a varios tradutores...

> 3-Tradutor membro dun proxecto, con coordinador, que envía o po ao
> coordinador para que este lide co repositorio, p. ex.... xixirei,
> miguel, xose, ou eu mesmo mantes que facerme coa conta do svn de kde.

A ver se despois dos exames damos xuntado a toda a xente que vin que
quere participar nas traducións das distros e outros proxectos. Habia
dous ou tres para o Wesnoth, non sei cantos son xa para o Xfce, dous
ou tres máis para Mandriva, en openSuse xa somos uns catro ou cinco,
para fedora hai un rapaz novo...

> 4-Tradutor de calquer dos grupos anteriores que ten que sofrir
> sistemas atípicos de tradución, por exemplo: daniel.

Que cruz! Por certo, estiven pensando en como sacar .pot a partir dos
ficheiros docbook ou latex dos documentos do LDP que temos traducidos
en Trasno para engadilos ás memorias de tradución, e tamén para
facilitar as actualizacións das traducións.

> E xa que logo, con 3 ou 4 relatorios dun máximo de 30 minutos cada un
> poderíanse expor as experiencias, e facer pequenas perguntas de
> aclaracións, e logo con outra hora, ou hora e meia quedaría listo o
> intercambio de metodoloxías. Se lle engadimos unha pequena
> introdución, por exemplo baseada nas presentación de este, como
> era?,............ Tsao? nunha mañá fusilado o tema de expor e queda a
> tarde para comentarios, intercambios, &c.

Home, temos as transpas de Tsao se é que as colgaron na web do gpul,
senón as únicas que hai son as de Fran Diéguez. Vexo que vai ser
charla e non obradoiro...

> E a todo isto, de que estaba a falar? Vaia, fóiseme a pelota, e teño
> traballo, a ver se á noite me acordo e remato a parrafada :'-(

Vale, cando a volvas atopar avisanos :)

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a