2008/6/16 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> Ah, non caira nisto do malditos portátiles que ó enchufar ó proxector
>> perden a imaxe da pantalla.
>
> Non sabía que houbese iso. Ao monitor do portatil miraría o relator,
> os asistentes á pantalla do proxector.

Ostras, a pantalla! Non caira en que ó sitio de proxección se lle
chamaba pantalla tamén. Tiñamos un profesor que nos proxectaba cara a
parede, e este ano tivemos a unha túzara que nos proxectaba no
encerado por non lle pedir a un alumno alto que lle baixara a
pantalla.

>> Que cruz! Por certo, estiven pensando en como sacar .pot a partir dos
>> ficheiros docbook ou latex dos documentos do LDP que temos traducidos
>> en Trasno para engadilos ás memorias de tradución, e tamén para
>> facilitar as actualizacións das traducións.
>
> Só paga a pena facelo para empregalo na extracción dunha base de datos
> terminolóxica (o tbx ou markuff --espero non errar o nome--). Para
> facer de tradución asistida, ao ser unidades de tradución moi longas,
> non casan máis que consigo mesmas.

Isto sería moi útil se nos poñemos a traducir docu en serio, algo que
se abandounou dende a creación de Trasno.

> Pero para extrair un pot apartir dos docbook (non sei dos latex) telo
> ben fácil: poxml.
>
> Hai, afaik, unhas diferenzas entre o xeito kde e o gnome, relativas á
> maneira de xestionar as ilustracións: nos da documentación de kde non
> se fai unha referencia explícita a cal é o ficheiro coa ilustración, e
> se non me equivoco moito, nos de gnome aló onde vaia a uri da captura
> de pantalla inclúese esta, xunto cun hash, que servirá para sinalar
> estas mensaxes como dubidosas cando a ilustración orixinal aplicábel a
> en_us sexa modificada (e mude o seu hash). Supostamente, estas
> mensaxes deben traducirse tras entregar no repositorio a captura da
> fiestra traducida.

Xa, pero o método de ter que traducir o URI ten a vantaxe de poder
incluir capturas de pantalla localizadas, ainda que penso que haberá
métodos moito mellores para facelo.

>> Home, temos as transpas de Tsao se é que as colgaron na web do gpul,
>> senón as únicas que hai son as de Fran Diéguez. Vexo que vai ser
>> charla e non obradoiro...
>
> Non, charla pode ser só unha pequena inicial introdutoria, por se
> acodir alguén alleo e interesado, o resto será obradoiro "pasivo", e
> finalmente, tras coñecer os procedimentos das distintas persoas,
> tormenta de ideas e suxestións para mellorar os procedimentos.

Ah, polo que vexo sería algo máis para tradutores, e non para atopar
voluntarios...

> Teño que contactar cos de As Pontes, e se cadra con
> esteeeeee.............................. o de galinux, e cos de Lugo, e
> cos de Foz, a ver se alguén ten interese firme.
>
> Xa se me veu! Que segundo as datas, si podería haber unha charla: de
> Miguel Branco, tras da xornada esa onde puxeron a Trasno como empresa
> no tríptico, para contar de que foi, o que aprendeu..... transferencia
> tecnolóxica, que lle chamam...

Unha charla entre os de Trasno este verán penso que é moi necesaria.
Temos bastantes temas que tratar.

Ata logo,
             Leandro Regueiro

Responderlle a