O Luns 16 de Xuño de 2008, mvillarino escribiu:

Ola,

(re)inscribinme na lista hai unhas semanas pero até o de agora non
participei, por falta de tempo e porque non tiña nada que dicir.

> > Que cruz! Por certo, estiven pensando en como sacar .pot a partir dos
> > ficheiros docbook ou latex dos documentos do LDP que temos traducidos
> > en Trasno para engadilos ás memorias de tradución, e tamén para
> > facilitar as actualizacións das traducións.
> 
> Só paga a pena facelo para empregalo na extracción dunha base de datos
> terminolóxica (o tbx ou markuff --espero non errar o nome--). Para
> facer de tradución asistida, ao ser unidades de tradución moi longas,
> non casan máis que consigo mesmas.

markuff? E iso que é?
En realidade si poden ser útiles para traducir versións posteriores
desa documentación. Obviamente unha memoria de tradución do manual do gcc
valerá de ben pouco á hora de traducir os menús do kopete :) pero dunha
versión a outra pode haber moitos párrafos comúns ou moi similares (creo
que o OLT indicaba coincidencia parcial a partir dun 70%).

De feito, no ámbito "profesional" penso que moitas empresas contratan a
tradución dos seus manuais mediante freelancers aos que lles entregan as
memorias da versión anterior.

E sobre a tradución de documentación: se cadra é o momento de avaliar a
posibilidade de usar tradutores automáticos e ver de aproveitar así o que
xa está traducido en Portugal pero sobre todo no Brasil. Supoño que non é o
mesmo traducir que revisar. O ideal sería facer unha proba de avaliación
para estudar se compensa ou non. Que vos parece? Polo menos para dispor
dunha base mínima de documentación que despois poida ir sendo actualizada.

Saúdos,
Susana.

-- 
"Only after the last tree has been cut, only after the last river has
been poisoned, only after the last fish has been fished, only then you will
discover that money can not be eaten." -- Evelyn Waugh

Responderlle a