> Ah, non caira nisto do malditos portátiles que ó enchufar ó proxector
> perden a imaxe da pantalla.

Non sabía que houbese iso. Ao monitor do portatil miraría o relator,
os asistentes á pantalla do proxector.

> Que cruz! Por certo, estiven pensando en como sacar .pot a partir dos
> ficheiros docbook ou latex dos documentos do LDP que temos traducidos
> en Trasno para engadilos ás memorias de tradución, e tamén para
> facilitar as actualizacións das traducións.

Só paga a pena facelo para empregalo na extracción dunha base de datos
terminolóxica (o tbx ou markuff --espero non errar o nome--). Para
facer de tradución asistida, ao ser unidades de tradución moi longas,
non casan máis que consigo mesmas.

Pero para extrair un pot apartir dos docbook (non sei dos latex) telo
ben fácil: poxml.

Hai, afaik, unhas diferenzas entre o xeito kde e o gnome, relativas á
maneira de xestionar as ilustracións: nos da documentación de kde non
se fai unha referencia explícita a cal é o ficheiro coa ilustración, e
se non me equivoco moito, nos de gnome aló onde vaia a uri da captura
de pantalla inclúese esta, xunto cun hash, que servirá para sinalar
estas mensaxes como dubidosas cando a ilustración orixinal aplicábel a
en_us sexa modificada (e mude o seu hash). Supostamente, estas
mensaxes deben traducirse tras entregar no repositorio a captura da
fiestra traducida.

> Home, temos as transpas de Tsao se é que as colgaron na web do gpul,
> senón as únicas que hai son as de Fran Diéguez. Vexo que vai ser
> charla e non obradoiro...

Non, charla pode ser só unha pequena inicial introdutoria, por se
acodir alguén alleo e interesado, o resto será obradoiro "pasivo", e
finalmente, tras coñecer os procedimentos das distintas persoas,
tormenta de ideas e suxestións para mellorar os procedimentos.

Teño que contactar cos de As Pontes, e se cadra con
esteeeeee.............................. o de galinux, e cos de Lugo, e
cos de Foz, a ver se alguén ten interese firme.

Xa se me veu! Que segundo as datas, si podería haber unha charla: de
Miguel Branco, tras da xornada esa onde puxeron a Trasno como empresa
no tríptico, para contar de que foi, o que aprendeu..... transferencia
tecnolóxica, que lle chamam...

Ea, a ver se á noite me poño con isto.

Responderlle a