O Thursday 03 July 2008 15:50:14 Miguel Branco escribiu:
> On Thursday 03 July 2008 15:13:15 Xosé wrote:
> > No glosario de trasno "backend" traduce-se por "motor". En todas as
> > traducións de KDE que mirei aparece como "mecanismo". Que fago?
> >
> > [E perdón por estar introducindo debates tan de continuo]
> >
> > Xosé
>
>  Podes dar o contexto?. Mecanismo pareceme bastante xenérico, motor penso
> que vai millor.
>
> E en canto ó dos debates, ghústanos rifar, hehe. En serio, eu creo que é bo
> que haxa vida na lista.

"backend" é calquer programa que é utilizado por unha interface gráfica. Os 
programas que funcionan na liña de comandos poden ser invocados por outros 
para realizaren algo específico. No caso no que estou, por exemplo, trata-se da 
xestión do cifrado con OpenPGP que realiza unha aplicación gráfica. En vez de 
empregar código propio recorre a ese "backend" para facer descargar nel parte 
do seu traballo.

Xosé

Responderlle a