O Thursday 03 July 2008 16:09:30 Miguel Branco escribiu:
> Si, referíame, en que cadea o encontraches, ou polo menos en que módulo;
> por ver se motor non vai ben. De todos xeitos, creo que motor debería
> valer.

En libkleopatra (de KDE). De todas as maneiras, acabo de atopar un "engine", 
que é o que se traduciria directamente por "motor". É posíbel que sexan a 
mesma cousa(?).

Xosé


> On Thursday 03 July 2008 15:51:10 Xosé wrote:
> > O Thursday 03 July 2008 15:50:14 Miguel Branco escribiu:
> > > On Thursday 03 July 2008 15:13:15 Xosé wrote:
> > > > No glosario de trasno "backend" traduce-se por "motor". En todas as
> > > > traducións de KDE que mirei aparece como "mecanismo". Que fago?
> > > >
> > > > [E perdón por estar introducindo debates tan de continuo]
> > > >
> > > > Xosé
> > >
> > >  Podes dar o contexto?. Mecanismo pareceme bastante xenérico, motor
> > > penso que vai millor.
> > >
> > > E en canto ó dos debates, ghústanos rifar, hehe. En serio, eu creo que
> > > é bo que haxa vida na lista.
> >
> > "backend" é calquer programa que é utilizado por unha interface gráfica.
> > Os programas que funcionan na liña de comandos poden ser invocados por
> > outros para realizaren algo específico. No caso no que estou, por
> > exemplo, trata-se da xestión do cifrado con OpenPGP que realiza unha
> > aplicación gráfica. En vez de empregar código propio recorre a ese
> > "backend" para facer descargar nel parte do seu traballo.
> >
> > Xosé

Responderlle a