>>  Igual se poderia pedir que en futuras versións do lokalize (agora que
>>  puxeron cartos na mesa) meteran un asistente para xerar eses
>>  documentos...
>
> A financiación é para o que é e non para malversala. Iso pode
> funcionar co caudal público, pero co privado é un bon xeito de non ver
> un peso máis.
>
> De momento toca chincharse cunha ferramenta anexa á cat, se vemos que
> o formato vale podemos pedir a integración en lokalize.

Concordo. Supoño que farás ti a ferramenta, eu prefiro centrarme no
dos glosarios, as memorias e mailo corrector xa que a curto prazo vexo
máis fácil facelo e promete uns resultados mellores. Ademais se non
resolvemos dalgún xeito o da terminoloxía e outros problemas coma o de
escribir mal as palabras, ó final o 90% das QA matrix serán para
informar de incoherencias terminolóxicas e palabras mal escritas.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a