>>>> Widget, Gadget, Desklet e ata certo punto Plasmoids refírense o mesmo
>>>> concepto só que producido con distintas tecnoloxías. Deberíase usar un
>>>> termo xenérico para todos eles ou mellor non traducir?.
>>>
>>> Plasmoid estivenno traducindo como "Plasmoide", widget como tal ou
>>> "elemento (visual)", desklet non me sona (aplique?) e gadget tampouco.
>>>
>>>> 'aplicacionciñas' aparece xa en KDE cun significado similar pero
>>>> resulta un tanto complicado pero non dou acertado con nada mellor.
>>>
>>> si, para applet (excluídas as java applets, que foron deixadas como
>>> "applet")
>>
>> Eu tamén tiña docklet por aí na lista de pendentes.
>
> Efectivamente, tamén Docklet, inda que é algo distinto o caso.
>
> Gadget úsano en Windows aghora,por eso de non lle chamar Widgets coma Apple
> :) En Gnome fan algho parecido e chamanlle desklet ó que se sacaron da
> mangha en canto viron Plasma en KDE. (Odio Gnome con toda a miña enerxía así
> que podedes omiti-lo comentario).
>
> Logho, Plasmoid non creo que se deba traducir xa que é unha tecnoloxía e asi
> sucesivamente con outras alternativas.
>
> Pero conceptualmente todos producen o mesmo: un programa 'sinxelo' que se
> acomoda no escritorio (menos os gadgets que os encastraron nunha barra
> lateral para disimular). Así que se alghunha ves se hai que referir a eles
> en conxunto?. Esto é meramente teórico pois non mo atopei traducindo, non
> sendo widget.
>
> Propoño 'Trebellos'; especialmente para Widget que se soe usar para nomear a
> todo o conxunto destes.
>
> <<trebello s.m. 1. Xogo, enredo de carácter sexual. Divertíanse con
> trebellos pícaros. 2. Trampa de ferro para cazar animais, apresándoos polas
> patas. Colleu un raposo no trebello. 3. Aparello ou útil empregado nunha
> determinada actividade. Rematou o traballo e gardou os trebellos nunha
> caixa. Roubáronlle os trebellos de pescar.>>

Acabo de ver esta mensaxe buscando onde se falara sobre widgets. Acabo
de ver que nas traducións de Miguel Anxo Bouzada usou "chintófano".

Por certo, isto esta pendente de colgar no glosario de Trasno.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a