O Xoves 16 Abril 2009 16:03:21 Leandro Regueiro escribiu: > > Na Wikipedia afirman que widget provén de "window gadget", o que sería un > > "trebello de fiestra". Que tal inventar un, como "fiestre" XD > > > > ... e senón, cando se fale de widgets xenéricos poderíase manter Widget, > > e só traducir cando sexan específicos (por exemplo, os de escritorio). > > Igual cando se usa un programa do estilo de Glade, que permite deseñar > as ventás colocando os botóns, os campos e o resto, pode que sexa > aceptable usar "elemento" ou "compoñente". Creo que ese é o millor caso para usar "widget"... un widget conta cun aspecto gráfico e unha serie de operacións... e ese é o matiz a salientar.
Sigo sen entender por que hai tanta reticencia nos idiomas modernos para crear palabras "a medida". > Ata logo, > Leandro Regueiro Saúde!! -- O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación -- karl

