O Luns 16 Marzo 2009 18:00:24 Leandro Regueiro escribiu:
> >>>> Widget, Gadget, Desklet e ata certo punto Plasmoids refírense o mesmo
> >>>> concepto só que producido con distintas tecnoloxías. Deberíase usar un
> >>>> termo xenérico para todos eles ou mellor non traducir?.
> >>>
> >>> Plasmoid estivenno traducindo como "Plasmoide", widget como tal ou
> >>> "elemento (visual)", desklet non me sona (aplique?) e gadget tampouco.
desk é mesa, asumamos que sería "trebello do escritorio" ou algo así.
> >>>> 'aplicacionciñas' aparece xa en KDE cun significado similar pero
> >>>> resulta un tanto complicado pero non dou acertado con nada mellor.
> >>>
> >>> si, para applet (excluídas as java applets, que foron deixadas como
> >>> "applet")
> >>
> >> Eu tamén tiña docklet por aí na lista de pendentes.
dock vai por "empotrado", ¿non?
> > Efectivamente, tamén Docklet, inda que é algo distinto o caso.
> >
> > Gadget úsano en Windows aghora,por eso de non lle chamar Widgets coma
> > Apple
gadget é un "cachivache", un trebello.
> > :) En Gnome fan algho parecido e chamanlle desklet ó que se sacaron da
> >
> > mangha en canto viron Plasma en KDE. (Odio Gnome con toda a miña 
enerxía
> > así que podedes omiti-lo comentario).
Os plasmoides son miniaplicacións que usan plasma. Literalmente, son widgets 
que poden facer o mesmo onde os sitúes que o que farían os widgets respectivos 
dentro de aplicacións "normais". Por exemplo, visores de arquivos, consultores 
de información en internet...
> > Logho, Plasmoid non creo que se deba traducir xa que é unha tecnoloxía e
> > asi sucesivamente con outras alternativas.
> >
> > Pero conceptualmente todos producen o mesmo: un programa 'sinxelo' que 
se
> > acomoda no escritorio (menos os gadgets que os encastraron nunha barra
> > lateral para disimular). Así que se alghunha ves se hai que referir a
> > eles en conxunto?. Esto é meramente teórico pois non mo atopei
> > traducindo, non sendo widget.
> >
> > Propoño 'Trebellos'; especialmente para Widget que se soe usar para
> > nomear a todo o conxunto destes.
> >
> > <<trebello s.m. 1. Xogo, enredo de carácter sexual. Divertíanse con
> > trebellos pícaros. 2. Trampa de ferro para cazar animais, apresándoos
> > polas patas. Colleu un raposo no trebello. 3. Aparello ou útil empregado
> > nunha determinada actividade. Rematou o traballo e gardou os trebellos
> > nunha caixa. Roubáronlle os trebellos de pescar.>>
>
> Acabo de ver esta mensaxe buscando onde se falara sobre widgets. Acabo
> de ver que nas traducións de Miguel Anxo Bouzada usou "chintófano".
>
> Por certo, isto esta pendente de colgar no glosario de Trasno.
>
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
Trebello (de escritorio) semella adaptarse a ditos usos xenéricos. Un 
plasmoite, calqueira dos "desklets" de GNOME... Por que ninguén propón 
algunha palabra nova, do tipo "gnomtrebello" ou algo así?? XDD

Widget é máis xeral e non debe confundirse. Un widget é un elemento visual 
para interactuar cunha función ou aplicación dende o entorno gráfico de turno. 
Un conxunto típico de widgets é o gtk, coma o qt. Os plasmoides serían un 
exemplo de uso de widgets tomando características de gtk (por exemplo, un 
plasmoide é unha aplicación independente, co seu aspecto visual, as súas 
funcións e os seus atributos propios, e non precisa ir en outro widget de tipo 
fiestra). Así, un botón de rexeitar, un menú ou unha barra deslizante, por 
exemplo, son widgets de conxuntos (set) concretos.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a