Widget, Gadget, Desklet e ata certo punto Plasmoids refírense o
mesmo concepto só que producido con distintas tecnoloxías.
Deberíase usar un termo xenérico para todos eles ou mellor non
traducir?.
Plasmoid estivenno traducindo como "Plasmoide", widget como tal ou
"elemento (visual)", desklet non me sona (aplique?) e gadget
tampouco.
desk é mesa, asumamos que sería "trebello do escritorio" ou algo así.
'aplicacionciñas' aparece xa en KDE cun significado similar pero
resulta un tanto complicado pero non dou acertado con nada mellor.
si, para applet (excluídas as java applets, que foron deixadas como
"applet")
Eu tamén tiña docklet por aí na lista de pendentes.
dock vai por "empotrado", ¿non?
Efectivamente, tamén Docklet, inda que é algo distinto o caso.
Gadget úsano en Windows aghora,por eso de non lle chamar Widgets coma
Apple
gadget é un "cachivache", un trebello.
:) En Gnome fan algho parecido e chamanlle desklet ó que se sacaron da
mangha en canto viron Plasma en KDE. (Odio Gnome con toda a miña
enerxía así que podedes omiti-lo comentario).
Os plasmoides son miniaplicacións que usan plasma. Literalmente, son
widgets
que poden facer o mesmo onde os sitúes que o que farían os widgets
respectivos
dentro de aplicacións "normais". Por exemplo, visores de arquivos,
consultores
de información en internet...
Logho, Plasmoid non creo que se deba traducir xa que é unha tecnoloxía
e asi sucesivamente con outras alternativas.
Pero conceptualmente todos producen o mesmo: un programa 'sinxelo' que
se acomoda no escritorio (menos os gadgets que os encastraron nunha
barra lateral para disimular). Así que se alghunha ves se hai que
referir a eles en conxunto?. Esto é meramente teórico pois non mo
atopei traducindo, non sendo widget.
Propoño 'Trebellos'; especialmente para Widget que se soe usar para
nomear a todo o conxunto destes.
<<trebello s.m. 1. Xogo, enredo de carácter sexual. Divertíanse con
trebellos pícaros. 2. Trampa de ferro para cazar animais, apresándoos
polas patas. Colleu un raposo no trebello. 3. Aparello ou útil
empregado
nunha determinada actividade. Rematou o traballo e gardou os trebellos
nunha caixa. Roubáronlle os trebellos de pescar.>>
Acabo de ver esta mensaxe buscando onde se falara sobre widgets. Acabo
de ver que nas traducións de Miguel Anxo Bouzada usou "chintófano".
Por certo, isto esta pendente de colgar no glosario de Trasno.
Trebello (de escritorio) semella adaptarse a ditos usos xenéricos. Un
plasmoite, calqueira dos "desklets" de GNOME... Por que ninguén propón
algunha palabra nova, do tipo "gnomtrebello" ou algo así?? XDD
Widget é máis xeral e non debe confundirse. Un widget é un elemento
visual para interactuar cunha función ou aplicación dende o entorno
gráfico de turno.
Un conxunto típico de widgets é o gtk, coma o qt. Os plasmoides serían
un exemplo de uso de widgets tomando características de gtk (por
exemplo, un plasmoide é unha aplicación independente, co seu aspecto
visual, as súas funcións e os seus atributos propios, e non precisa ir
en outro widget de tipo
fiestra). Así, un botón de rexeitar, un menú ou unha barra deslizante,
por exemplo, son widgets de conxuntos (set) concretos.