O Mércores 15 Abril 2009 11:42:39 Leandro Regueiro escribiu:
> > Precisamente cousas como "por o ficheiro derriba da cpu" ou "debaixo do
> > teclado" é o que non me gusta, de ahí a miña petición de opinións.
> >
> > Estou a pensar ... ... como fago para subir un ficheiro ó meu servidor
> > que está na planta de abaixo :-)
>
> Supoño que entendes o sentido figurado :) Xa postos como o descargas?
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
Xa  postos, o orixinal era tomar ou coller (get) e mandar ou enviar (send), e 
as ferramentas nas que se basea a arquitectura de rede seguen este convenio. 
De feito, tes esas mesmas ferramentas.

Na metáfora común vese a internet como algo que está por enriba dos 
computadores e das distintas redes que o compoñen, "superposto". As metáforas 
soen verse desa maneira. Se vos fixades nos modelos de capas, o máis abstracto 
sempre está enriba e o máis concreto (físico) debaixo.

De maneira tradicional os datos e os programas eran "cargados" no computador, 
que típicamente era un servidor. Así, o acto de proporcionar datos ao sistema 
central é "load" (carga). Supoño que cando se comezou a proporcionar algún 
xeito de facer a operación inversa en internet se elixiu un antónimo a 
propósito: "download" (descarga). Non sei como no entorno tradicional se 
denominaba ao feito de recuperar datos, xa que comúnmente iso faríase por ftp 
ou telnet.

Se facedes un ftp veredes que as ferramentas que proporciona son as mentadas 
ao principio: fget e send, para traer arquivos ao sistema local e para 
envialos dende o sistema local (bueno, local non, "anfitrión") a outro 
sistema, respectivamente.

De tódolos xeitos, moitos termos ingleses teñen diferentes significados en 
galego, polo que un glosario debería contemplar as diferentes posibilidades, 
dando unha descripción de cada uso.

Persoalmente, "cargar" e "descargar" non son demasiado do meu agrado, pero 
"descargar" é o verbo comúnmente usado en internet (en castelán o seu uso é 
masivo). Anque moitas veces prefiro unha traducción máis axeitada se con iso 
se captura millor o senso do termo orixinal, neste caso inclínome polo máis 
extendido, habida conta de que correcto éo.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a