Leandro Regueiro escribió:
Tratando de resumir
Upload/Download
En contextos xerais de administración de ficheiros
preferencia → envio/recepción
opcional → carga/descarga
No contecto dos p2p
cesión/recepción
a min isto non me convence, eu usaría
velocidade de:
subida/baixa
carga/descarga
O de recepción non teño claro que se poida usar neste caso.
fago a variante "ceder" xa que na maioría dos usos do p2p cedense, que
non se envian os ficheiros.
En tódolos caos desaconsellar subida/baixada
Non seguín moi a fondo este fío, así que desculpade se uso argumentos
repetidos ou chego moi tarde.
Os termos "subida/baixada" son os que se empregan tradicionalmente no
ámbito da telecomunicación (en inglés, en español e en galego). A
metáfora subida/baixada está moi estendida e non lle vexo ningunha
incorrección, polo que non creo que deba ser cambiada. Desde o meu punto
de vista sería como cambiar a tradución de "Desktop" por algo distinto a
"Escritorio".
Eu estou con Felipe.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Eu tamén estou dacordo con Felipe e Leandro.
Saúdos