> >> Estou totalmente de acordo con Xosé, imaxinade que os ministros son > >> elixidos pola oposición... > > > > Imaxinade que se puidese elixir ao presidente, ao ministro de cultura, ao > > de economía, ao de industria e ao de medioambiente por separado. Sería > > xenial (IMHO). > > Como se estiveramos decidindo o goberno do país!!
É por seguir o exemplo. Aplicado ao noso, simplemente o plantexamento de Miguel pode valer, de que o vicepresidente lle poña as pilas ao presidente. En todo caso é, como se dixo, cuestión de individualismo ou comunitarismo, de se poñer unha decisión en mans dunha persoa ou da asemblea. Creo que o presidente debería estar d'acordo coa decisión da asemblea. Así mesmo, coido que o maior problema que puidera ter o sistema comunitario de división na elección de cargos é técnico. Pero así como este sistema sería difícil de aplicar ao goberno do Estado, non tería ningún impedimento á hora de aplicarse a unha asociación coma esta.

