Grazas polas correccións:

> fin non é feminino?

non sempre. Para o caso concreto que aparece valerían en masculino e feminino.

[RAG pre-2003]
fin  - s. 1. Momento no que non continúa máis, deixa de facerse ou de ter 
lugar algo. Este traballo está chegando á súa fin. SIN. conclusión.A fin de 
semana, a fin de mes. A fin do imperio. A fin do mundo. ANT. nacemento, 
orixe.O fin da película. SIN. final, remate, termo.ANT. comezo, empezo1, 
inicio, principio.CF. finalización. 2. Cousa determinada que se pretende 
conseguir. Logra-lo fin que se pretende por calquera medio. SIN. finalidade, 
meta, obxectivo, obxecto, propósito.s Á fin e ó cabo ou ó fin e ó cabo. 
Expresión que introduce un argumento que reforza unha afirmación anterior. 
Debías valerlle, ó fin e ó cabo é amigo teu. / A fin de, co fin de. Expresa a 
finalidade. A (co) fin de convencelo fai o que sexa. / En fin. En conclusión, 
para rematar. / No fin de contas. En fin, en resumo. / Por fin. Expresión que 
se usa para indicar que algo sucede despois de ser esperado certo tempo. ¡Por 
fin chegou o verán!

> > Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
> > ii. ... tales coma
> > diccionarios e correctores ortográficos. En xeral, facer que a comunidade
> > galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades
> > e requerimentos lingüísticos e culturais.

tales coma? > , coma... 
dicionario (corrixida)
requerimentos > requirimento ... mesmo se pode eliminar da frase

> > iii.Poñer a dipocición libre ... sen restricción nin trabas á tódolos...
restrición > (corrixida)
á tódolos > a tódolos
se de > se dea (se dea)
contribunites > contribuintes (corrixida)
>
> > iv.A promoción e difusión da labor da asociación e dos seus fins ...
 a labor > o labor (aquí empregamos labor tanto en masculino coma feminino)
os súas fins > é válido en masculino
ó cumprimento destes fins... > idem

> > iv. ...asoaciación [Nota: non contarían con dereito a voto, pero si a voz
> > nos órganos da asociación].
asociación > corrixida
pero si con voz nos... > na frase penso que estaría ben tal e como está : non 
contan con dereito a (...) pero si a (...); ambos aluden a dereito

facelemento > falecemento (corrixida)

> > CAPÍTULO III
> > DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
> >
> > Artigo 13º.
> > 1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un
> > vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e vogais.
>
> Son moitos cargos, de verdade pensades que vai haber tanta xente?

era tal  como estaba no modelo. propoñede vos un modelo alternativo

> > 3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta
> > Directiva. A súa duración será por un período de 1 anos, aínda que poden
> > ser obxecto de reelección indefinidamente.
>
> Como comentaron por aí, case mellor que as duracións sexan iguais.

certo


> > A notificación farase nos locais da asociación e as canles ordinarias de
> > comunicación da asociación a través de internet para as asembleas
> > ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas
> > extraordinarias.
> Por que hai esta diferenciación do método de notificación dependendo
> do tipo de asemblea? O período da asemblea ordinaria ven dado pola
> lei?

si, ese periodo si, pero non as datas de asambleas. Engadin eu o de por 
internet xq tal como nos movemos non ten sentido mandar cartas pra unha 
asamblea normal; agora, dada as capacidades dunha asamblea xeral penso que si 
que é necesario avisar formalmente e individualmente. Non incluír isto penso 
que pode ser un problema para que acepten o estatuto. 

> > Artigo 23º.- ... A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
> > pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
>
> Se entendin ben e se celebra só unha ordinaria ao ano (aínda que Tsao
> dixera que tiña que haber unha ordinaria e unha extraordinaria) a
> seguinte sesión considerase que é o ano seguinte??

ó ano serian dúas xq (falo de memoria), hai que celebrar unha ordinaria e 
outra antes de finalizar o periodo de fiscalidade (q está posto para coincidir 
co ano oficial) e aprovar as contas do ano presente. 

> Como nota xeral cambiaria asociado (e asociada) por socio e socia.

pois tes razón. 

Vedes necesario facer todas estas parvadas de socio/a etc??. Eu é que me 
parece incluso aberrante. O xénero gramatical masculino representa o masculino 
e o neutro, e cando falamos en feminino é para resaltar algo 'extraordinario' 
(=digno de mención) que é que algo en conxunto é feminino.

Responderlle a