> Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu
> domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito
> territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

fin non é feminino?

> Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
> ii. ... tales coma
> diccionarios e correctores ortográficos. En xeral, facer que a comunidade
> galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e
> requerimentos lingüísticos e culturais.

tales coma?, dicionario, requerimentos??

> iii.Poñer a dipocición libre ... sen restricción nin trabas á tódolos...

restrición, á tódolos?


> 2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes
> actividades:
> i.  ... se de soporte e axuda a esta...

se deA

> ii.Realizar xuntanzas para que os asociados e os contribunites...

contribuintes

> iv.A promoción e difusión da labor da asociación e dos seus fins ...

O labor, as súas fins

> ...ó cumprimento destes fins...

destas fins


> CAPÍTULO II
> DOS ASOCIADOS
>
> Artigo 6º.
> 1-
> ii. ... positivamente á labor...

ao labor

> iv. ...asoaciación [Nota: non contarían con dereito a voto, pero si a voz nos 
> órganos
> da asociación].

asociación, pero si con voz nos...

> Artigo 8º.
> 1.-A condición de asociado pérdese:
> iv.Por falecemento da...

falecemento

> CAPÍTULO III
> DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
>
> Artigo 13º.
> 1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un
> vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e vogais.

Son moitos cargos, de verdade pensades que vai haber tanta xente?

> 3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta
> Directiva. A súa duración será por un período de 1 anos, aínda que poden ser
> obxecto de reelección indefinidamente.

Como comentaron por aí, case mellor que as duracións sexan iguais.

> 4.- Os cargos cesarán na súa función por:
> i.facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

falecemento

> Artigo 14º.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

Estou seguro de que pode que van aparecer outras non mencionadas aquí

> Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período
> que vai desde o mes de Outubro ata o de Decembro Tanto a Asemblea Ordinaria
> como a Extraordinaria serán convocadas con 30 días de antelación polo/a
> presidente/a da Xunta Directiva.
> A notificación farase nos locais da asociación e as canles ordinarias de
> comunicación da asociación a través de internet para as asembleas ordinarias e
> no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.

Por que hai esta diferenciación do método de notificación dependendo
do tipo de asemblea? O período da asemblea ordinaria ven dado pola
lei?

> Artigo 23º.- ... A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
> pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.

Se entendin ben e se celebra só unha ordinaria ao ano (aínda que Tsao
dixera que tiña que haber unha ordinaria e unha extraordinaria) a
seguinte sesión considerase que é o ano seguinte??


Como nota xeral cambiaria asociado (e asociada) por socio e socia.

Ata logo,
                        Leandro regueiro

Responderlle a