2009/5/25 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2009/5/25 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> >>>> Artigo 23º.- ... A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
> >>>> pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
> >
> > Por favor, estamos no século XXI e case todos os interesados en
> participar
> > nesta asociación temos uns coñecementos mínimos de informática a nivel de
> > usuario. A Lei de Réxime Xeral das Administracións Públicas, ainda que
> non nos
> > afecta si que axuda na comprensión de moitos conceptos. E di que as actas
> das
> > reunións se aproban na mesma ou na seguinte reunión, co obxectivo estando
> > claro como que é aprobalas na mesma reunión. Non custa nada aprobar as
> actas
> > na mesma reunión e é moi útil para os que estiveron ausentes. Lévoo
> facendo
> > catro anos no instituto no que estou (e han de ter sido xa unhas 40
> reunións;
> > en
> > nengun caso tivemos que adiar a aprobación para a reunión seguinte e así
> están
> > disponíbeis na rede o mesmo dia no que se celebra a reunión).
>
> É ben certo que o de que non se poida aprobar a acta da propia reunión
> ao rematala só se pode xustificar por falta de tempo, pero tamén será
> bo non pillarnos as mans. Con poñer explicitamente que ou se aproba a
> acta ao final da asemblea ou que se ten que aprobar noutra posterior
> como primeiro punto da orde do día xa está.


Ademáis de de duas comunidades de veciños, formo parte de catro asociacións
máis, en ningunha se aproba o acta até que o secretario a remite, o que soe
acontecer entre 10 e 20 días despois, se estuda comprobando que é fidel o
acontecido, e despois se aproba.

Tendo en conta que moitas das xuntanzas, agás as mínimas legais, poden
realizarse por correo-e, salas jabber etc... (sempre con garantias de
sinaturas PGP) non vexo que teñan que ser, necesariamente, aprobadas no fin
da xuntanza.

Nota. Se así se conven, incluso as asembleas (mínimo legal) poden facerse
por medios eléctronicos ou mixtos, sempre que o secretario determine que a
acreditación (PGP ou semellante) sexa dabondo.


>
> Respecto ao tema de se a directiva debe ser elixida membro a membro
> polos socios ou se o presidente elixido debe ter total liberdade para
> escoller ao seu equipo, penso que cando menos os socios deberian
> aprobar o equipo elixido polo presidente (o feito de que os socios non
> aproben a primeira decisión dun presidente, cando este foi elixido
> pola maioría tampouco tería demasiado sentido).
>
> Ata logo,
>                    Leandro regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a