>>> CAPÍTULO III
>>> DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
>>>
>>> Artigo 13º.
>>> 1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un
>>> vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e vogais.
>>
>> Son moitos cargos, de verdade pensades que vai haber tanta xente?
>
> era tal  como estaba no modelo. propoñede vos un modelo alternativo

Eu proporia reducir ao mínimo os cargos e se fai falta que a directiva
ou unha asemblea poida nomear axudantes, que segundo a nomenclatura
usada son os vogais, non?

>>> 3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta
>>> Directiva. A súa duración será por un período de 1 anos, aínda que poden
>>> ser obxecto de reelección indefinidamente.
>>
>> Como comentaron por aí, case mellor que as duracións sexan iguais.
>
> certo
>
>>> A notificación farase nos locais da asociación e as canles ordinarias de
>>> comunicación da asociación a través de internet para as asembleas
>>> ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas
>>> extraordinarias.
>>
>> Por que hai esta diferenciación do método de notificación dependendo
>> do tipo de asemblea? O período da asemblea ordinaria ven dado pola
>> lei?
>
> si, ese periodo si, pero non as datas de asambleas. Engadin eu o de por
> internet xq tal como nos movemos non ten sentido mandar cartas pra unha
> asamblea normal; agora, dada as capacidades dunha asamblea xeral penso que si
> que é necesario avisar formalmente e individualmente. Non incluír isto penso
> que pode ser un problema para que acepten o estatuto.

A opción de notificar por Internet xa a daba por suposta, é a nosa
canle habitual de comunicación. Os das Ciberirmandades facían as
asembleas por Internet nun foro ou algo así, quizais a nós nos
interese celebralas así, aínda que son da opinión de que alomenos terá
que haber unha asemblea presencial ao ano.

>>> Artigo 23º.- ... A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
>>> pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
>>
>> Se entendin ben e se celebra só unha ordinaria ao ano (aínda que Tsao
>> dixera que tiña que haber unha ordinaria e unha extraordinaria) a
>> seguinte sesión considerase que é o ano seguinte??
>
> ó ano serian dúas xq (falo de memoria), hai que celebrar unha ordinaria e
> outra antes de finalizar o periodo de fiscalidade (q está posto para coincidir
> co ano oficial) e aprovar as contas do ano presente.


É un traballo bastante bo. Agardaremos máis apuntamentos e supoño que
será hora de ir falando dos próximos pasos.

Ata logo,
                   Leandro regueiro

Responderlle a