2009/5/25 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>>>> Artigo 23º.- ... A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada
>>>> pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
>
> Por favor, estamos no século XXI e case todos os interesados en participar
> nesta asociación temos uns coñecementos mínimos de informática a nivel de
> usuario. A Lei de Réxime Xeral das Administracións Públicas, ainda que non nos
> afecta si que axuda na comprensión de moitos conceptos. E di que as actas das
> reunións se aproban na mesma ou na seguinte reunión, co obxectivo estando
> claro como que é aprobalas na mesma reunión. Non custa nada aprobar as actas
> na mesma reunión e é moi útil para os que estiveron ausentes. Lévoo facendo
> catro anos no instituto no que estou (e han de ter sido xa unhas 40 reunións;
> en
> nengun caso tivemos que adiar a aprobación para a reunión seguinte e así están
> disponíbeis na rede o mesmo dia no que se celebra a reunión).

É ben certo que o de que non se poida aprobar a acta da propia reunión
ao rematala só se pode xustificar por falta de tempo, pero tamén será
bo non pillarnos as mans. Con poñer explicitamente que ou se aproba a
acta ao final da asemblea ou que se ten que aprobar noutra posterior
como primeiro punto da orde do día xa está.

Respecto ao tema de se a directiva debe ser elixida membro a membro
polos socios ou se o presidente elixido debe ter total liberdade para
escoller ao seu equipo, penso que cando menos os socios deberian
aprobar o equipo elixido polo presidente (o feito de que os socios non
aproben a primeira decisión dun presidente, cando este foi elixido
pola maioría tampouco tería demasiado sentido).

Ata logo,
                   Leandro regueiro

Responderlle a