>>> Se nos fixamos en dialog/xdialog/zdialog etc...
>>>
>>> dialog box
>>> info box
>>> message box
>>> etc...
>>>
>>> creo que a mellor escolla non é unha que poida ser restictiva, xa que é
>>> moi
>>> probable que esa xanela non sexa un dialogo, pode ser unha "radius" unha
>>> "combo" etc...
>>
>> Descoñezo o dialog/xdialog/zdialog, só coñezo algo o kdialog; neste os
>> distintos tipos de fiestra que mostra (dialog box, info box ...) son todas o
>> mesmo (do tipo diálogo), pero muda a cantidade e tipo de botóns que ten e
>> o icone auxiliar que leva.
>
> o kdialog ven sendo o mesmo que eses outros, a maioría pode entenderse como
> dialog, ainda que un info ou un message non son dialogos, no agarda
> resposta, so reproducen a mensaxe que corresponda, o mesmo pasa coas tail
> que só reproducen un tipo de lectura, non establecen dialogo
>
> pero tampouco é ese o matiz máis importante, para min é máis importante non
> cinguir o termo "transient" a dialogo

Polo que entendín as "transient window" son estas ventás que aparecen
por riba das outras e nas que hai que facer algo (como pechar a ventá
ou darlle a un botón) para que desapareza e se poida interactuar con
outra ventá que oculta esta "transient window". Ou sexa, que ven sendo
un diálogo, aínda que só sexa informativo...

Estou de acordo en que non hai que reducir o debate só ás ventás, pero
mirando nas traducións do Open-Tran non apareceron outros contextos.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a