Boas:

Adrián Chaves Fernández escribiu:
Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
On Tue, Oct 27, 2009 at 8:25 PM, damufo <dam...@gmail.com> wrote:
Como traduciriades blockquote?
bloque de cita?
cita?

Mirei bloque e non sei se realmente bloque serve
http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=9894&opcion
=entrada

O texto refirese a un engadido wisiwig para o joomla. Penso que o que
fai internamente é por as etiquetas <bockquote>...</bockquote> ao texto
seleccionado.

Insert blockquote tags around the highlighted text.
Se a dúbida é nesta frase soa non hai problema: "Insire etiquetas
blockquote arredor do texto realzado" xa que blockquote é unha
etiqueta de HTML
si e non.
Se estamos ante un editor (modificador) wisiwig é porque o usuario non
ten, nin quere, saber que é unha etiqueta blockquote polo que neste caso
entendo que hai que dicirlle que é o que fan ou que son ditas etiquetas.

exemplos:
engadir parágrafo: engadiría as etiquetas <p></p>
engadir grosa <strong></strong>
...
engadir cita? <blockquote></blockquote>??
tamén vin por aí cita longa ¿?

"Insire etiquetas de cita longa arredor do texto realzado"??

http://gl.wikibooks.org/wiki/HTML/Formatar_texto#Citas

No wikilibro acerca de HTML usei cita longa por darlle un nome en galego (creo que me inspirei no castelán), pero se no contexto non resulta evidente que unha cita longa vai entre as etiquetas <blockquote> e </blockquote>, procura que quede claro na propia cadea dentro do posible. En todo caso, se ven o elemento en si pode chamarse sita longa (ao que está entre as etiquetas), as etiquetas en si son etiquetas "blockquote".



Pois parece o máis axeitado, e tal como comentei ao que escribe o texto, non lle importa o nome exacto da etiqueta de feito seguro que non quere nin sabelo o único que precisa é o concepto do que vai facer, neste caso, inserir unha "cita longa", se quere saber que é un blockquote pois non ten máis que ir ao código, cousa que dubido na maior parte deste tipo de usuario.

Graciñas a todos

Responderlle a