Hai moitos anos traducín a especificación HTML 4.01 
(http://www.w3.org/MarkUp/html4-updates/translations#Galician)

que, evidentemente, hoxe en día está desfasada. Daquela traducira <blockquote> 
como "citación longa" e <Q> como "citación curta" (debera ser "cita").

Só como referencia.

Xosé

O Martes, 27 de Outubro de 2009 20:58:59 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > Boas:
> >
> > Leandro Regueiro escribiu:
> > > On Tue, Oct 27, 2009 at 8:25 PM, damufo <dam...@gmail.com> wrote:
> > >> Como traduciriades blockquote?
> > >> bloque de cita?
> > >> cita?
> > >>
> > >> Mirei bloque e non sei se realmente bloque serve
> > >> http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=9894&opci
> > >>on =entrada
> > >>
> > >> O texto refirese a un engadido wisiwig para o joomla. Penso que o que
> > >> fai internamente é por as etiquetas <bockquote>...</bockquote> ao
> > >> texto seleccionado.
> > >>
> > >> Insert blockquote tags around the highlighted text.
> > >
> > > Se a dúbida é nesta frase soa non hai problema: "Insire etiquetas
> > > blockquote arredor do texto realzado" xa que blockquote é unha
> > > etiqueta de HTML
> >
> > si e non.
> > Se estamos ante un editor (modificador) wisiwig é porque o usuario non
> > ten, nin quere, saber que é unha etiqueta blockquote polo que neste caso
> > entendo que hai que dicirlle que é o que fan ou que son ditas etiquetas.
> >
> > exemplos:
> > engadir parágrafo: engadiría as etiquetas <p></p>
> > engadir grosa <strong></strong>
> > ...
> > engadir cita? <blockquote></blockquote>??
> > tamén vin por aí cita longa ¿?
> >
> > "Insire etiquetas de cita longa arredor do texto realzado"??
> 
> http://gl.wikibooks.org/wiki/HTML/Formatar_texto#Citas
> 
> No wikilibro acerca de HTML usei cita longa por darlle un nome en galego
>  (creo que me inspirei no castelán), pero se no contexto non resulta
>  evidente que unha cita longa vai entre as etiquetas <blockquote> e
>  </blockquote>, procura que quede claro na propia cadea dentro do posible.
>  En todo caso, se ven o elemento en si pode chamarse sita longa (ao que
>  está entre as etiquetas), as etiquetas en si son etiquetas "blockquote".
> 

Responderlle a