> Non teño eu claro que a diferencia entre <q> e <blockquote> sexa a * > extensión* do contido, senon máis ben o *tipo* de contido que encerran. > > Se entendín ben, as etiquetas <blockquote> e </blockquote> poden conter > elementos de bloque e as etiquetas <q> e </q> non, independentemente da > extensión do mesmo. > > Dito de outra forma. As etiquetas <q> e </q> poden encerrar un párrafo de > tantas palabras como sexa preciso, sempre e cando o texto de ese párrafo > non se agrupe en caixas <div>, listas ou calquer outro elemento de bloque. > > Para podes usar ese tipo de etiquetas na estrutura html da cita, emprégase > <blockquote>. > > Seguro que algún membro da lista ten mellores referencias ca min para > corroborar ou desmentir isto.
Que eu saiba, a efectos prácticos, <q> utilizaríase para unha cita que formase parte dun parágrafo e <blockquote> para unha que fose en si mesma un parágrafo. <p><q>Isto non pinta nada ben...</q>, dixo alguén unha vez, e outra persoa dixo outra vez iso de:</p> <blockquote>Ai! Como chove! Ai! Como venta! Como se molla a tía Vicenta!</blockquote>