Boas:

En 27/11/2012 20:18, Miguel Bouzada escribiu:
Eu traduzo sempre.
Se seguimos o criterio de que "non se atopan solucións en google"
levaríanos a non traducir nunca nada.

Estou totalmente de acordo con Miguel.


2012/11/27 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com
<mailto:leandro.regue...@gmail.com>>

    2012/11/27 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com
    <mailto:cestevez2...@gmail.com>>:
     > Ola,
     >
     > son Cristian Estévez, estoume encargando da tradución da última
    versión de
     > Wordpress ó galego. No pasado a tradución estivo ó cargo de xente
    que non
     > tiña relación directa con trasno.
     >
     > Estou empregando as traducións que realizaron de anteriores
    versións como
     > base de datos terminolóxica. Vin que entre as traducións que
    realizaran
     > traduciran Widget (unha palabra que en WordPress se mantén nas
    diferentes
     > traducións intacta por ser terminoloxía propia do software) como
    trebello.
     >
     > A miña dúbida é se debería manter Widget ou empregar a tradución
    que xa se
     > usara previamente noutras versións. Ó mantela respectaríase a
    coherencia con
     > outras versións de WordPress (inda que, debido ó desactualizado
    que está,
     > resulta pouco probable que haxa moita xente que siga empregandoo
    en galego),
     > pero tamén se dificultaría en boa medida a resolución de dúbidas ós
     > usuarios, sobre todo ós noveles, xa que se necesitan buscar algún
    tipo de
     > información na rede non saberán como chamalo noutro idioma.

    Ola,
    no Proxecto Trasno usamos diferentes traducións para «widget»
    dependendo de cal sexa o concepto ao que se refire. Se estamos falando
    dun «widget» gráfico, como un botón ou unha lapela, entón traducímolo
    como «widget». Se se trata dun pequeno programa especializado e que
    serve para mostrarlle ao usuario información, controlar algunhas
    funcións específicas ou que actúan como reloxos, servizos de
    mensaxería, etc... entón empregamos «trebello». Descoñezo cal é a
    definición que mellor se axusta ao «widget» que aparece en WordPress.

     > Un saúdo

    Deica
    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




--
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a