O Luns, 7 de Abril de 2008, Leandro Regueiro escribiu: > 2008/4/7 damufo <[email protected]>: > > Ao mellor é preferible ver primeiro o da data. > > Alguen avisou aos de ciberirmandade? > > Saúdos > > Aquí ninguén avisa a ninguén. Xa estou vendo que imos ir catro gatos, > coma sempre. Espero polo menos que non sexa peor có da XGN. Estase > falando noutro fío de facelo sobre o 10 de maio porque cadra co > aniversario de mancomun... > > O que hai que decidir é: > - que día vai ser (por dispoñibilidade da xente) > - onde vai ser (para ver quen pon o local e temas relacionados) > - quen vai ir (canta máis xente mellor) > - de que se vai falar (supoño que ó final estaremos limitados por tempo) > > Ata logo, > Leandro Regueiro
A ver. Por partes:
PEP8:
A style guide is about consistency. Consistency with this style guide is
important. Consistency within a project is more important. Consistency
within one module or function is most important.
But most importantly: know when to be inconsistent -- sometimes the style
guide just doesn't apply. When in doubt, use your best judgment.
Pois iso, que queda ao bon xuizo do tradutor o decidir entre unha ou outra.
Reunión:
a) Data: Fin de semana. Vale, tentarei facer por ir.
b) Comunicación: Semella que vai actuar como anfitrión baleato (non si?), de
comunicalo a outros grupo debería encargarse el.
c) Asistencia: Nin tolos vai xuntarse máis dunha ducia: dous de mancomún,
outros dous das cif, outros dous do launchpad e con sorte catro de trasno.
Aínda vou dous por baixo.
d) Temática: Ponto único, até onde está disposto a ceder cada un para poder
xuntar a trasno + traduCIF + mancomún + o que sexa, nun só grupo.
Organización dese grupo, e en concreto:
- pertenza/independencia de outros grupos, chámese cif/mancomun.
- definición de procedimentos, e documentación destes: proc. de admisión
de voluntarios, proc. para engadir un programa/ proxecto, para egresalo,
etc.
- definición de guía de estilo, opción normativas, glosario e opcións de
glosario.
- sancionabilidade (o de visar as traducións).
De mancomún deberían ir baleato e nacho, das CIF pois como mínimo minhoca, de
launchpad este.... como se chama ho!..... Felipe Gil Castiñeira, e de trasno
pois o seu sería que fose tarrío, pero non sei se seguirá por irlanda......
con moita sorte seis: xgf, daniel, leandro, miguel. manuel e máis eu, co que
sumaríamos a prática totalidade da mao de obra. Vaia, aínda non chego á
ducia.
--
Best regards
MV
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

