Leandro Regueiro escribiu:
 Reunión:
 a) Data: Fin de semana. Vale, tentarei facer por ir.
Daquela entendo que a data é o 10 de maio? eu en principio non teño problema.

 b) Comunicación: Semella que vai actuar como anfitrión baleato (non si?), de
 comunicalo a outros grupo debería encargarse el.

Ha ser mellor.

 c) Asistencia: Nin tolos vai xuntarse máis dunha ducia: dous de mancomún,
 outros dous das cif, outros dous do launchpad e con sorte catro de trasno.
 Aínda vou dous por baixo.

Podemos contar en principio con Fran Diéguez do GLUG.

O de convidar a Pedro Morais pode ser moi interesante.

 d) Temática: Ponto único, até onde está disposto a  ceder cada un para poder
 xuntar a trasno + traduCIF + mancomún + o que sexa, nun só grupo.
Isto vexoo moi dificil, por falar que non sexa. E parece que no tema da normativa e glosario dame que tamén. Aínda que sigo a pensar que sería interesante unificalo na medida do posible, deixandoo mais ou menos aberto, dando varias opcións por exemplo, gustoume como CIF o fai

(http://www.ciberirmandade.org/dokucif/doku.php?id=traducion_libroestilo&DokuWiki=47d52323fc718ae28bd9419e845db156)

"Ventá, Fiestra e Xanela son correctas as tres e non crean confusión, senón que enriquecen a tradución."

O que si penso que é importante é ter un lugar común onde ter/coordinar todas as traducións. Un lugar que non sexa de ninguén e á vez de todos.

O tema das ferramentas tamén penso que sería bo falalo.

Finalmente ao mellor tamén se podería falar de promoción.


 Organización dese grupo, e en concreto:
    - pertenza/independencia de outros grupos, chámese cif/mancomun.
    - definición de procedimentos, e documentación destes: proc. de admisión
 de voluntarios,  proc. para engadir un programa/ proxecto, para egresalo,
 etc.
   - definición de guía de estilo, opción normativas, glosario e opcións de
 glosario.

Isto había que unificalo un pouquiño, se se pode. Ademais tamén sería
interesante cousas coma unha lista de traducións para nomes de
paises/moedas/linguas etc


   - sancionabilidade (o de visar as traducións).

Tamén se podía falar do corpus/memoria de tradución (tumatxa), do
termigal (colaboración) e outras cousas que non lembro agora...

 De mancomún deberían ir baleato e nacho, das CIF pois como mínimo minhoca, de
 launchpad este.... como se chama ho!..... Felipe Gil Castiñeira, e de trasno
 pois o seu sería que fose tarrío, pero non sei se seguirá por irlanda......
 con moita sorte seis: xgf, daniel, leandro, miguel. manuel e máis eu, co que
 sumaríamos a prática totalidade da mao de obra. Vaia, aínda non chego á
 ducia.

Nacho é do Trasno!!! Que te penduramos dalgo :) Podemos contar en
principio con Fran Diéguez do GLUG. Poderiase falar con xente de
Galego21 e outra xente que quede espallada por aí, a ver se lles
interesa (lembro que antes de atopar Trasno coñecera a varias persoas,
maiormente traducían soft para windows, pero se poden axudar...)

Ata logo,
                        Leandro Regueiro
Abur

--
damufo

Responderlle a