> Reunión:
> a) Data: Fin de semana. Vale, tentarei facer por ir.
> b) Comunicación: Semella que vai actuar como anfitrión baleato (non si?), de
> comunicalo a outros grupo debería encargarse el.
Ha ser mellor.
> c) Asistencia: Nin tolos vai xuntarse máis dunha ducia: dous de mancomún,
> outros dous das cif, outros dous do launchpad e con sorte catro de trasno.
> Aínda vou dous por baixo.
Podemos contar en principio con Fran Diéguez do GLUG.
> d) Temática: Ponto único, até onde está disposto a ceder cada un para poder
> xuntar a trasno + traduCIF + mancomún + o que sexa, nun só grupo.
> Organización dese grupo, e en concreto:
> - pertenza/independencia de outros grupos, chámese cif/mancomun.
> - definición de procedimentos, e documentación destes: proc. de admisión
> de voluntarios, proc. para engadir un programa/ proxecto, para egresalo,
> etc.
> - definición de guía de estilo, opción normativas, glosario e opcións de
> glosario.
Isto había que unificalo un pouquiño, se se pode. Ademais tamén sería
interesante cousas coma unha lista de traducións para nomes de
paises/moedas/linguas etc
> - sancionabilidade (o de visar as traducións).
Tamén se podía falar do corpus/memoria de tradución (tumatxa), do
termigal (colaboración) e outras cousas que non lembro agora...
> De mancomún deberían ir baleato e nacho, das CIF pois como mínimo minhoca, de
> launchpad este.... como se chama ho!..... Felipe Gil Castiñeira, e de trasno
> pois o seu sería que fose tarrío, pero non sei se seguirá por irlanda......
> con moita sorte seis: xgf, daniel, leandro, miguel. manuel e máis eu, co que
> sumaríamos a prática totalidade da mao de obra. Vaia, aínda non chego á
> ducia.
Nacho é do Trasno!!! Que te penduramos dalgo :) Podemos contar en
principio con Fran Diéguez do GLUG. Poderiase falar con xente de
Galego21 e outra xente que quede espallada por aí, a ver se lles
interesa (lembro que antes de atopar Trasno coñecera a varias persoas,
maiormente traducían soft para windows, pero se poden axudar...)
Ata logo,
Leandro Regueiro