2008/5/13, Leandro Regueiro <[email protected]>: > Tarrío igual quere deixalo nas túas mans :) Non teño os coñecimentos precisos para poder afrontar iso.
> - Repositorio: de que?? Dos ficheiros po (e posibelmente pot, e docbook, e outros), dos distintos proxectos, de xeito que desde este poda ser actualizado o oficial do proxecto en "automático". E que podan os distintos voluntarios entregar sobre o repositorio local. > - Glosario: e logo non se integra no de Mancomún ou no buscatermos se se > libera? Os glosarios wiki teñen un problema: son wiki. Ferramentas como o Lokalize empregan un formato algo diferente, é preciso poder obtelos de xeito que se podan empregar desde as ferramentas coas que se traduza. > - Base de datos de tradución: por isto entendo un servidor de TM, e > logo o de Mancomún? Por que ter só unha tm? Ademais, entendo que mancomún só quer ter as cadeas que validen. > - Interface administrativa: para administrar que? Os permisos de escrita sobre os ficheiros do repositorio. E dar de alta/baixa tradutores dentro de cada proxecto, e reservar ficheiros. > - Editor de ficheiros po: por isto entendo un Pootle, supoño que > habería que tirar a fusionar isto co de Mancomún, pero igual os de > Traducif queren manter o seu propio... > - Contas shell: ??? Para executar comandos sobre o repositorio no proxecto trasno... entregas basicamente.

