Ola, respecto ó de susana, se te puxeras endiante xunta nós como che dixemos terias escoitado que nomearon a susana.
2008/6/16 mvillarino <[email protected]>: > O Luns 16 Xuño 2008 20:32, Leandro Regueiro escribiu: >> esaxerando. Que pensades? > Que terás que facer unha división segundo o marcador de atallo de teclado que > se empregue. Ou sexa, un atallo para consultar nunha ou noutra TM? >> todo o que se lle pida. > Ejem Eu non teño unha mente tan suxa coma outros. >> Non sei como está a cousa en ferramentas web, >> nin no lokalize/kaider/kbabel. Alguén coñece outra aplicación para >> traducir? > pois penso que o lokalize e os pootl* teñen soporte ± limitado para os t*x. > Kbabel emprega unha bbdd berkeley db4, iirc, e considerar a opción de montar > un servidor que execute o código do open-tran (e compartir copias de > seguridade da base de datos) Pootle tamén usaba berkeley db se non lembro mal. Algún tipo de servidor hai que montar, contra o que poidamos consultar. Se o facemos ben poderiamos pasar do open-tran. Se finalmente se fai supoño que tamén se integraría nese servidor o corpus de Mancomún. Respecto ó de ter varias TM para separar cadeas que non serían moi útil usar nalgúns contextos, por exemplo usar cadeas do Battle for Wesnoth (un xogo) para traducir programas dun escritorio, por exemplo kde ou gnome, ou programas coma inkscape, ou por outra parte usar cadeas de documentación para traducir algunha interface dalgún programa, xa que as cadeas da documentación son moi longas e igual non son moi útiles. Por outra parte como comentara Marce, a documentación é unha boa fonte de terminoloxía, así que se poderían pasar a formato .po as poucas traducións que hai, e a partir de hai sacariase terminoloxía. Falando da terminoloxía, se non lembro mal no g11n falouse tamén de montar un servidor de terminoloxía, pero non sei se hai por hai algún código rulando que valla para montalo, coma o tumatxa para TM... Ademais se finalmente se monta todo este tinglado habería que ver se hai algún programa fácil para xestionar TMs e Terminoloxía... Despois de montar todo isto tamén habería que ver se os programas que utilizamos normalmente terían o soporte axeitado para toda a infrastructura que se pensa montar. Penso que se se monta algo tamén debería dar a opción de gardar copias locais das TM para consultalas, por se hai xente que traduce sen conexión permanente, coma min. Ata logo, Leandro Regueiro

