> O cambio máis destacable é a tradución que se me ocorreu para os drakes, hai > varias propostas pero o de dragón pareceme a peor de todas, pois un drake > vese que non é un dragón. A miña proposta está vaseada en comics e libros de > fantasía épica que lin. Hai unha criatura que se asemella moito os drakes, > que a traduciron ó español como draconianos, termo que tamén me parece > axeitado para o galego. > Drake o meu parecer é unha palabra inventada polos desarrolladores deste > xogo deribada de dragón logo podemos propor un termo que se asemelle máis a > nosa lingua que tamén deribe de dragón, por ahí dicían de chamarlle dracos, > a min tamén me parece unha boa tradución, eu propoño draconiano se alguén se > lle ocorre outra que a diga.
Ola, debido a que as miñas propostas se parecen ás de victor máis que a ningunha outra (non en balde estaba xunta el cando fixo as traducións), vou poñer as miñas aportacións sobre as súas. Está xa é unha mensaxe na que vou ir fixando traducións, ou sexa, que a menos que alguén dea unha boa razón, a tradución final será esa. Poreille un FIXADO ó lado para que se vexa claramente. Falastes noutras mensaxes de chamarlle draconiáns xa que queda mellor. A min dame igual mentres a tradución se axuste máis ou menos. Outra opción é a de draco que usaron na tradución ó castelán. Descoñezo que outras traducións usaron noutros idiomas. > 2008/6/26 Adrián Chaves <[email protected]>: >> O Xov, 26-06-2008 ás 17:55 +0200, Leandro Regueiro escribiu: >> > Bats >> Morcegos Morcegos FIXADO >> > Vampire Bat >> Morcego chuchasangue (Vampiro non me parece axeitado, xa que vampiro >> sóame máis aos que teñen forma humana) > Morcego Vampiro (Na realidade existe un tipo de morcego que se chama > Vampiro, creo que lle acae mellor a esta criatura) Hai unha caste de morcego que se chama vampiro. O de morcego vampiro queda fatal. Prefiro vampiro só. >> > Blood Bat >> Morcego sanguinario Morcego sanguinario FIXADO >> > Drakes >> Dragóns > Draconianos O dito enriba. >> > Armageddon Drake >> Dragón da Apocalipse (Podería ser apocalíptico, pero que carallo, en >> galego o artigo quédalle xenial) > Draconiano Apocalíptico (Soame mellor pero o de Draconiano da Apocalipse > tampouco soa nada mal ^^) Concordo. Respecto do de draconiano dragón xa non o menciono máis de aquí en diante, xa que o puxen enriba. XXXX da Apocalipse FIXADO (a falta da tradución de drake que é independente) >> > Drake Burner >> Dragón de lume > Draconiano de lume Burner ven sendo queimador, pirómano ou incendiario, o de XXXX de lume mellor para Fire Drake penso eu, ¿de acordo? XXXX incendiario FIXADO (a non ser que prefirades unha das outras opcións) >> > Drake Flare >> Dragón chameante > Draconiano chameante Chameante ou flamexante, ámbalas dúas válidas. XXXX chameante FIXADO (a non ser que prefirades flamexante) >> > Drake Flameheart >> Dragón de corazón ardente > Draconiano corazón chameante (ou flamexante) Corazón ardente ou candente, vale calquera. XXXX de corazón ardente FIXADO (a non ser que prefirades candente) >> > Fire Drake >> Dragón incendiario > Draconiano de lume Como dixen enriba mellor XXXX de lume. FIXADO >> > Inferno Drake >> Dragón infernal > Draconiano infernal XXXX infernal. FIXADO >> > Drake Clasher >> Dragón de pelexa (lin que clasher era o que "crea conflicto") > Draconiano de batalla Conflitivo, provocador? (ainda que provocador é a tradución de rouser) En todo caso XXXX de batalla podería valer. >> > Drake Gladiator >> Gladiador dragón > Draconiano galdiador XXXX gladiador. FIXADO >> > Drake Enforcer >> Protector dragón (http://pt.wiktionary.org/wiki/enforce non atopei unha >> verba máis axeitada) > Draconiano executor (de http://www.wordreference.com/es/) Coincido con victor no de executor, quédalle perfecto, ainda que é unha tradución algo libre. Enforce é "facer cumprir". >> > Drake Slasher >> Perforador dragón (Slash é un corte rápido e penetrante) > Draconiano "rajador" (non se me ocorre o adexetivo apropiado, pero a idea é > a dun ser que te raja pola metado ou te corta) Estiveramos mirando isto eu máis victor o venres e non atopamos unha tradución axeitada. A idea é que este bicho pega golpes cunha arma de folla con tal forza que te corta de lado a lado, cun corte profundo. Levo toda a fin de semana matinando nelo e ainda non atopei unha tradución axeitada. As vosas traducións non me convencen e sei que hai unha tradución exacta. >> > Drake Warden >> Gardián dragón > Draconiano gardián XXXX garda ou gardián, calquera vale. FIXADO >> > Drake Fighter >> Loitador dragón > Draconiano loitador XXXX loitador. FIXADO >> > Drake Warrior >> Guerreiro dragón > Draconiano guerreiro XXXX guerreiro. FIXADO >> > Drake Blademaster >> Mestre de espadas dragón (En realidade sería mestre de follas de >> espadas, pero sóame coma o cú) > Draconiano mestre de espadas Pois XXXX mestre de espadas logo. FIXADO >> > Drake Glider >> Planeador dragón (No digalego "planear" non aparece con tal significado, >> así que se alguén sabe se está ben ou non, que me corrixa. Isto >> recórdame ás cartas Magic, unha frase que lin nelas e que me marcou: A >> verba que os trasgos utilizan para volar, tradúcese máis ben coma "caer >> lentamente") > Dracaniano planador (é a tradución exacta de Glider segundo digalego) Como di Victor, segundo digalego é planador, así que XXXX planador. FIXADO >> > Sky Drake >> Dragón volador > Draconiano voador XXXX voador FIXADO >> > Hurricane Drake >> Dragón dos ceos (tradución libre) > Draconiano furacán XXXX furacanado. Segundo digalego " Que ten a violencia dun furacán." Penso que é a tradución máis axeitada, xa que é unha unidade de nivel alto. >> > Dwarves >> Ananos Aquí todos estamos de acordo. FIXADO >> > Dwarvish Fighter >> Loitador anano > Anano loitador Anano loitador. FIXADO >> > Dwarvish Steelclad >> Anano con armadura ("armado" cambia o significado) > Anano acoirazado Isto buscámolo eu mais Victor, coincido con el. Algún problema con isto? >> > Dwarvish Lord >> Señor anano Anano señor prefiro eu. Marce dicia señor dos ananos... >> > Dwarvish Guardsman >> Gardián anano > Anano garda Ou anano gardián FIXADO >> > Dwarvish Stalwart >> Valente anano > Anano icondicional, leal... seria tradución literal, pero se alguén se lle > ocorre un sinonimo que por favor o propoña A idea é que di victor, pero non hai unha boa tradución, a alguén se lle ocorre algo? >> > Dwarvish Sentinel >> Centinela anano > Anano centinela Anano sentinela. Usar un pouco o digalego non fai mal :) FIXADO >> > Dwarvish Runemaster >> Mestre de runas anano > Anano mestre das runas (ou Anano cicelador de runas según vos pareza) Eu usei anano cicelador, pero esa tradución púxena despois de darlle voltas varios días e tampouco é que me convencera moito. Votación ou máis ideas... >> > Dwarvish Thunderer >> Tronador anano > Anano arcabuceiro (polo tipo de arma que leva que se asemella a un arcabuz) A idea do arcabuz é de victor, moi boa por certo, alguén se opón ou ten unha idea mellor? Marce propoñia mosqueteiro pero o arcabuz é menos avanzado así que queda para a evolución desta unidade. >> > Dwarvish Thunderguard >> Garda tronador anano > Anano mosqueteiro (polo tipo de arma que leva que se asemella a un mosquete > (unha evolución do arcabuz(fonte wikipedia))) O dito por victor, alguén se opón ou ten unha idea mellor? >> > Dwarvish Dragonguard >> Cazadragóns anano > Anano cazadragóns Anano garda de dragóns?? Non o vexo claro. Se é por seguir ca evolución igual metendo unha escopeta ou unha carabina por algures... >> > Dwarvish Ulfserker >> Ulfserker anano >> (Ulfserker non o escoitara na vida, pero berserker si, e creo que o >> mellor é non traducilo, aínda que é algo coma "fanático". O "estado >> berserker" creo que aparecía nun xogo d'O Señor dos Aneis, e non o >> traducían) > Anano Ulfseker (totalmente dacordo con Adrián) Eu sigoo vendo moi raro, consultaremos o resto dos idiomas e intentaremos guiarnos polo que eles fixeron... >> > Dwarvish Berserker >> Berserker anano > Anano Berserker O dito enriba. Marce propoñia traducións coma frenético. Coma o anano está medio tolo igual valia tolo. Nalgún xogo teño visto isto traducido coma fanático. E penso que hai outras opcións pero agora non lembro. Penso que sobre isto imos estar debatendo bastante tempo >> > Goblins >> Duendes (non aparece en digalego, pero en portugués é igual) > Trasnos Trasnos FIXADO >> > Goblin Spearman >> Lanceiro duende > Trasno lanceiro Trasno lanceiro FIXADO >> > Goblin Impaler >> Empalador duende ("empalar" aparece no digalego) > Trasno empalador trasno empalador FIXADO >> > Goblin Rouser >> Exaltador duende > Trasno exaltador É unha opción, ou provocador mellor, que preferides? >> > Wolf Rider >> Xinete duende (sei que non se parece ao orixinal, pero paréceme o máis >> axeitado) > Xinete de lobo xinete de lobo FIXADO >> > Goblin Knight >> Cabaleiro duende > Trasno cabaleiro trasno cabaleiro FIXADO >> > Direwolf Rider >> Noble duende (A tradución literal sería "duende montado nun lobo >> terrible") > Xinete de lobo xigante (ou terrible pero soame peor (WR)) Como din en http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=120740 (para respaldar a victor) Prefiro lobo xigante, xinete de lobo xigante FIXADO >> > Goblin Pillager >> Saqueador duende > Trasno saqueador trasno saqueador FIXADO Ata logo, Leandro Regueiro

