2012/8/1 mvillarino <[email protected]>: > Tomo nota. > No caso das frase feitas, nos ficheiros de regras kde.rules hai unhas > 15 regras con nomes do estilo "expression_[\w\s]*\w+"; esas son as > frases habituais que fun recompilando.
Moitas grazas polo das frases. > Referente ás novas regras do pology: teño unha semana de vacacións > (toooma, que luxo!, unha semana), así que aproveitando que se pechou a > billa para KDE SC 4.9, e moi a pesar do desktop_kde-workspace, poreime > con elas en canto poida ;-) Moitas grazas por isto. Canto antes teñamos máis regras máis fácil será comprobar que as traducións utilizan unha terminoloxía correcta e son máis homoxéneas. Por certo, que o pases ben durante as túas vacacións. Deica > 2012/7/31, Leandro Regueiro <[email protected]>: >> Ola, >> estou traballando no tema dos resultadados da última trasnada. Aínda >> non rematei de crear o TBX, pero conto con telo para mañá. A páxina de >> consulta dinámica ha tardar algo máis. A boa nova é que a lista >> esquemática dos acordos xa se lle remitiu a Marce para ver se pode >> crear as novas regras para o Pology, e mellorar as existentes. Ademais >> entre os acordos aos que se chegou están as traducións recomendadas >> para dúas frases arquetípicas bastante comúns: >> >> * Frases de erro: >> - Exporting the certificate failed. >> - Failed to export the certificate. >> - Error exporting the certificate. >> - Error while exporting the certificate. >> - An error occurred exporting the certificate. >> - An error occurred while exporting the certificate. >> - There was an error exporting the certificate. >> - There was an error while exporting the certificate. >> = Traduciranse sempre como: «Produciuse un erro ao FACER ALGO» >> >> >> * Frases negativas: >> - Can't export the certificate. >> - Cannot export the certificate. >> - Couldn't export the certificate. >> - Could not export the certificate. >> - Certificate can't be exported. >> - Certificate cannot be exported. >> - Certificate couldn't be exported. >> - Certificate could not be exported. >> - Unable to export the certificate. >> = Traduciranse como (case sempre): «Non foi posíbel FACER ALGO» >> = Traduciranse como (en casos específicos, explicación >> debaixo): «Non é posíbel FACER ALGO» >> # Hai que ter coidado por que en mensaxes do estilo de >> "non é posíbel empregar ese login" no que se axeita mellor o presente, >> a pesar de que cando se mostra o texto a comprobación xa se fixo no >> pasado >> >> >> Incluín estes dous acordos directamente na mensaxe para que sexades >> conscientes destes acordos e os empecedes a aplicar canto antes. Con >> sorte o Pology terá pronto regras para comprobar automaticamente se os >> ficheiros de tradución inclúen traducións correctas para estas frases >> arquetipo. >> >> Acordar unha tradución común para este tipo de frases ten un impacto >> directo na calidade das traducións. Prégovos ademais que me enviedes >> calquera outra frase arquetipo que atopedes para discutilas nalgunha >> das vindeiras trasnadas. >> >> Deica >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

