2012/8/1 Leandro Regueiro <[email protected]>: > Acabo de publicar os ficheiros TBX actualizados cos cambios da última > Trasnada. Podedes descargalos desde > http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas > > A páxina de consulta dinámica aínda non está actualizada. Agardo tela > actualizada en pouco tempo, quizais mañá. En canto estea feito > publicaremos a nova pertinente no sitio web do Proxecto Trasno.
A páxina de consulta dinámica dos acordos xa está actualizada, validada, enviada ao FTP e publicada en http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas Dado que Marce está traballando nas regras case prefiro agardar uns días para publicar a nova e así incluír uns agradecementos nela para o traballo que está facendo. @Marce: vou ir probando as regras a ver que tal van. Ademais onte estiven mirando os ficheiros de todas as regras para buscar frases arquetipo e atopei algunhas regras que me chamaron a atención e que che comentarei noutra mensaxe. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

