Acabo de publicar os ficheiros TBX actualizados cos cambios da última Trasnada. Podedes descargalos desde http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas
A páxina de consulta dinámica aínda non está actualizada. Agardo tela actualizada en pouco tempo, quizais mañá. En canto estea feito publicaremos a nova pertinente no sitio web do Proxecto Trasno. Deica 2012/8/1 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/8/1 mvillarino <[email protected]>: >> Tomo nota. >> No caso das frase feitas, nos ficheiros de regras kde.rules hai unhas >> 15 regras con nomes do estilo "expression_[\w\s]*\w+"; esas son as >> frases habituais que fun recompilando. > > Moitas grazas polo das frases. > >> Referente ás novas regras do pology: teño unha semana de vacacións >> (toooma, que luxo!, unha semana), así que aproveitando que se pechou a >> billa para KDE SC 4.9, e moi a pesar do desktop_kde-workspace, poreime >> con elas en canto poida ;-) > > Moitas grazas por isto. Canto antes teñamos máis regras máis fácil > será comprobar que as traducións utilizan unha terminoloxía correcta e > son máis homoxéneas. > > Por certo, que o pases ben durante as túas vacacións. > > Deica > >> 2012/7/31, Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> Ola, >>> estou traballando no tema dos resultadados da última trasnada. Aínda >>> non rematei de crear o TBX, pero conto con telo para mañá. A páxina de >>> consulta dinámica ha tardar algo máis. A boa nova é que a lista >>> esquemática dos acordos xa se lle remitiu a Marce para ver se pode >>> crear as novas regras para o Pology, e mellorar as existentes. Ademais >>> entre os acordos aos que se chegou están as traducións recomendadas >>> para dúas frases arquetípicas bastante comúns: >>> >>> * Frases de erro: >>> - Exporting the certificate failed. >>> - Failed to export the certificate. >>> - Error exporting the certificate. >>> - Error while exporting the certificate. >>> - An error occurred exporting the certificate. >>> - An error occurred while exporting the certificate. >>> - There was an error exporting the certificate. >>> - There was an error while exporting the certificate. >>> = Traduciranse sempre como: «Produciuse un erro ao FACER ALGO» >>> >>> >>> * Frases negativas: >>> - Can't export the certificate. >>> - Cannot export the certificate. >>> - Couldn't export the certificate. >>> - Could not export the certificate. >>> - Certificate can't be exported. >>> - Certificate cannot be exported. >>> - Certificate couldn't be exported. >>> - Certificate could not be exported. >>> - Unable to export the certificate. >>> = Traduciranse como (case sempre): «Non foi posíbel FACER ALGO» >>> = Traduciranse como (en casos específicos, explicación >>> debaixo): «Non é posíbel FACER ALGO» >>> # Hai que ter coidado por que en mensaxes do estilo de >>> "non é posíbel empregar ese login" no que se axeita mellor o presente, >>> a pesar de que cando se mostra o texto a comprobación xa se fixo no >>> pasado >>> >>> >>> Incluín estes dous acordos directamente na mensaxe para que sexades >>> conscientes destes acordos e os empecedes a aplicar canto antes. Con >>> sorte o Pology terá pronto regras para comprobar automaticamente se os >>> ficheiros de tradución inclúen traducións correctas para estas frases >>> arquetipo. >>> >>> Acordar unha tradución común para este tipo de frases ten un impacto >>> directo na calidade das traducións. Prégovos ademais que me enviedes >>> calquera outra frase arquetipo que atopedes para discutilas nalgunha >>> das vindeiras trasnadas. >>> >>> Deica >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

