2012/8/2 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2012/8/1 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> Acabo de publicar os ficheiros TBX actualizados cos cambios da última >> Trasnada. Podedes descargalos desde >> http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas >> >> A páxina de consulta dinámica aínda non está actualizada. Agardo tela >> actualizada en pouco tempo, quizais mañá. En canto estea feito >> publicaremos a nova pertinente no sitio web do Proxecto Trasno. > > A páxina de consulta dinámica dos acordos xa está actualizada, > validada, enviada ao FTP e publicada en > http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas > > Dado que Marce está traballando nas regras case prefiro agardar uns > días para publicar a nova e así incluír uns agradecementos nela para o > traballo que está facendo. > > @Marce: vou ir probando as regras a ver que tal van. Ademais onte > estiven mirando os ficheiros de todas as regras para buscar frases > arquetipo e atopei algunhas regras que me chamaron a atención e que > che comentarei noutra mensaxe.
@Marce: aínda non rematei de facer probas, pero vexo que as regras de «fail (e familia)» están interfirindo coas regras de "failed." e "failed to". Ademais as regras "failed." e "failed to" actúan do mesmo xeito, e en determinadas frases salten as tres regras á vez en vez de unha soa. Como comentario adicional a regra «failed.» tamén debería admitir «failed:» xa que hai frases nas que se inclúe unha descrición máis detallada a continuación (quizais utilizando o típico %s). ---------------------------------------- avahi.master.gl.po:400(#92) #: ../avahi-ui/avahi-ui.c:518 #, c-format msgid "Browsing for service type %s in domain %s failed: %s" msgstr "Produciuse un erro ao navegar polo tipo de servizo %s no dominio %s: %s" [note] rule [id=PT-2011_fail] ==> «fail» e relacionados tradúcense como «fallo» ---------------------------------------- ---------------------------------------- anjuta.master.gl.po:6699(#1373) #: ../plugins/project-manager/plugin.c:862 #, c-format msgid "Failed to retrieve URI info of %s: %s" msgstr "Produciuse un fallo ao recuperar a información de URI de %s: %s" [note] rule [id=PT-2012-expression_failed-to] ==> «failed to» -> «produciuse un erro ao + infinitivo» rule [id=PT-2012-expression_fallo ao] ==> fallo ao -> produciuse un erro ao rule [id=PT-2012-expression_failed.] ==> «failed.» -> «produciuse un erro ao + infinitivo» ---------------------------------------- Acabo de pasar as regras sobre case todos os ficheiros .po de GNOME e estou limpando a palla. O resto de ficheiros con erros enviareichos empaquetados máis adiante para que poidas ir afinando as regras, pero comento xa o tema das regras de "fail" e "failed" porque dan moitos problemas. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

