On Tue, 1 Feb 2000, Jesus Bravo Alvarez wrote:

Amigo "Jesús":

>       Podes falarme de "economía lingüística" para crear novos termos,
> pero iso de recorrer a outra lingua para usar un termo que _xa_ existe na
> nosa, paréceme triste...

Xanela é unha palavra perfeitamente galega, e iso acho que é indiscutível.

>       ¿Por que "ventá" non é acaído? ¿Porque se parece á lingua malvada
> que ven do leste? :-???

Pois mira, porque se "ventá" é acaído, tamén o é "grifo", "silla", "Dios",
"pueblo"... formas comúns na fala popular, mais incorrectas. Algo similar
pasa coa palavra "habitación" para o galego: a forma correcta é
"cuarto". "Habitación" suplanta a unha palabra galega. Muitas formas
correctas... "Deus", "povo" ou "vila", entre outras, viven, e foron
tomadas (sic) do portugués, mal que che pese.

>       Eu, insisto, se ti dis que "ventá" é castelanismo, eu direi que
> "xanela" é lusismo. :-)

Non vou discutir, xanela é galego. Mais non comprendo porqué tes esa fóbia
irracional. 

>       Por certo, iso non ten relación algunha co "castrapo", ata onde eu
> sei é xusto o contrario. ;-)

castrapo : mestura de galego e castelán. Stop.
 
> 
> >> Por onde se usa tradicionalmente fiestra?. Xanela usa-se popularmente
> >> cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
> >> tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
> >> pequenas.
> >
> >Xanela é unha palabra perfeitamente coñecida por todos os galegos. Non
> >vexo razón nengunha coerente para non usá-la.
> 
>       Unha merda, iso o dirás ti.  Eu vivín 11 anos en Galicia, 8 deles
> en Coruña, e 3 deles en Tui, e vou perto de alí tódolos veráns, e _nunca_
> escoitara/lera a palabra "xanela" asociada ó galego ata que alguén a puxo
> nesta lista...

Digo-o eu e os dicionários de galego que há. Estás demostrando coa tua
patoloxia irracional tamén unha alérxia aos livros e a fala
popular. Podo-che garantir que escuitei esa palavra. (Son de Vigo)


>       E aínda estou a esperar oíla de boca dalgún galego. :-?

Hei-che de mandar un *.wav do meu avó, galego-falante desde há 85 anos,
explicando-che o que é (xa que non gostas dos livros) :]

> >Sexamos consecuentes co noso idioma. Non somos como o euskera.

Quer dizer: o galego non é unha língua isolada. Pertence ao diasistema
linguístico ibérico occidental (galego-portugués), non ao central
(castellano). Quer dizer: o galego e o portugués son línguas irmás, que
evoluíron xuntas muito tempo. 

>       Pois iso si que non o entendo. :-DDD  ¿Criticas ó euskera, cando
> fan xusto o que ti propós? :-DDD
> 
>       Exemplo: Aeroporto.
> 
>       Forma enxebre vasca: Haizekaia (ou algo así)
>       Forma usada: Aereoportua
> 

Admiro os teus coñecimentos de euskera, língua similar ao galego, xunto co
tagalo e o mandarín ;) 

>       ¿E logo?  Non hai máis que ver o que fan en castelán e usalo. :-D

Moi bien, moi bien , e logo, por que falar galego?  :p
Usemos o castellano, que está nunha esfera superior en todos os
aspectos. O galego é o seu dialecto  :?  

Os teus argumentos caen polo seu próprio peso. Espero que abras un
pouquiño a tua mente.

Un saúdo, onde queira que estexas.

                        Gonzalo González Rodríguez
                        loure...@talgo.uvigo.es

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a