Jesus Bravo Alvarez escribió:

> >Ainda que non tedes por que adoptar as suas
> >mesmas solucións, parece-me sensato tervo-las en conta.
>
>         O principal problema é que as solucións que usades no Xis están
> orientadas á normativa de mínimos, e iso non é sempre compatible coa
> normativa oficial...

    Ou moito me engano ou a normativa de mínimos é unha especie de subconxunto
da reintegracionista (lusista) que foi aceptada na normativa oficial
(rexeneracionista, illacionista...). Alguns exemplos que se me ocorren:

    -ao  = ó                   \_ ambolos dous termos son oficiais
    -Galiza = Galicia      /
    (se atopo onde lin esto poreivos máis exemplos)



> Window -> xanela  (lóxico ó usardes unha normativa máis próxima ó portugués)
> File -> Arquivo  (iso é por colle-la traducción de Brasil, tanto nós como
>                   en Portugal usan Ficheiro)
>
>         Do resto das palabras, penso que xa cada un é mellor que faga o que
> lle pete na gana.  (Por exemplo: ligazón - enlace).
>
>         O que si que me fai gracia é iso de "cabezallo".  Por se alguén ten
> curiosidade, esta é a definición do diccionario:
>
> "Timón do carro ou doutro instrumento de labranza no que van enganchados os
> animais de tiro"
>
>         X'')))))))
>
> >> Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
> >>           "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
> >>           Ademais de que é a única enxebre. :-)))
> >
> >Por onde se usa tradicionalmente fiestra?.
>
>         ¿En Galicia?

    Nos libros de texto, eu non coñezo outro caso.

>
>
> >Xanela usa-se popularmente
> >cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
> >tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
> >pequenas.
>
>         Ti o dixeches, no sul da provincia de Pontevedra... e aínda así eu
> nunca a oín.  A miña nai é dunha aldea a 7 Km de Portugal, e eu vou alí
> tódolos veráns, e eu nunca oín iso de "xanela".
>
>         Co mesmo argumento que usas xanela, tamén poderías usar "ventá",
> que está moitísimo máis difundido (por exemplo, eu vivín 8 anos en Coruña e
> que eu lembre non se oía outra cousa máis que "ventá") :-?

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a