Tue, Feb 01, 2000 at 08:41:53AM +0100, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribiu:

>Desde logo, non é axeitado buscar sempre a "enxebreza" nas palabras. Hai
>que atender outros critérios máis científicos. Un critério simples, de
>"economia lingüística" é recorrer ao portugués, que dá solucións válidas
>para o galego:

        Podes falarme de "economía lingüística" para crear novos termos,
pero iso de recorrer a outra lingua para usar un termo que _xa_ existe na
nosa, paréceme triste...

>E iso de que "fiestra" ( espero que o castrapismo "ventá" non vos pareza
>acaído) é maioritário...

        ¿Por que "ventá" non é acaído? ¿Porque se parece á lingua malvada
que ven do leste? :-???

        Eu, insisto, se ti dis que "ventá" é castelanismo, eu direi que
"xanela" é lusismo. :-)

        Por certo, iso non ten relación algunha co "castrapo", ata onde eu
sei é xusto o contrario. ;-)

>... pois non tes nada máis fácil e sinxelo que ir ao portugués, e ver como
>resolven a palabra... "janela"... buf, que pouco "enjebre". Aparte, son

        Pois si, eche sinxelo, só temos que olvidar toda a morfoloxía,
sintaxe, vocabulario do galego, e mirar o ben que o fan os veciños do sul.
:-DDD

>+ de 200 MILLONS de persoas... se iso non che parez maioritário, ou que
>non teña un standart aceitado... :?

        ¡Manda carallo!  Entón si que é máis fácil do que eu pensara... e
aínda por riba sendo unha palabra como esa, que está tan asociada ó mundo
informático...

        Rematouse a discusión, traducirémola como "window", iso si que é un
estándar, e o demais son paparruchas.

        :-D

>> Por onde se usa tradicionalmente fiestra?. Xanela usa-se popularmente
>> cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
>> tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
>> pequenas.
>
>Xanela é unha palabra perfeitamente coñecida por todos os galegos. Non
>vexo razón nengunha coerente para non usá-la.

        Unha merda, iso o dirás ti.  Eu vivín 11 anos en Galicia, 8 deles
en Coruña, e 3 deles en Tui, e vou perto de alí tódolos veráns, e _nunca_
escoitara/lera a palabra "xanela" asociada ó galego ata que alguén a puxo
nesta lista...

        E aínda estou a esperar oíla de boca dalgún galego. :-?

>Sexamos consecuentes co noso idioma. Non somos como o euskera.

        Pois iso si que non o entendo. :-DDD  ¿Criticas ó euskera, cando
fan xusto o que ti propós? :-DDD

        Exemplo: Aeroporto.

        Forma enxebre vasca: Haizekaia (ou algo así)
        Forma usada: Aereoportua

        ¿E logo?  Non hai máis que ver o que fan en castelán e usalo. :-D

        Porque, persoalmente, iso de que non usan ese termo para que non
pensemos que lle están a dicir ó avión "aí se caia", paréceme máis unha
broma que outra cousa. :-)))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a