O seguinte é so unha aclaración, non se tome como unha tentativa de
discutir a normativa que debe usar o glup-traduccion. Non é esa a
intención. 


"Francisco X. Vázquez" wrote:
>     Ou moito me engano ou a normativa de mínimos é unha especie de subconxunto
> da reintegracionista (lusista) que foi aceptada na normativa oficial
> (rexeneracionista, illacionista...). Alguns exemplos que se me ocorren:
> 
>     -ao  = ó                   \_ ambolos dous termos son oficiais
>     -Galiza = Galicia      /
>     (se atopo onde lin esto poreivos máis exemplos)

A normativa de mínimos, tamén chamada de concordia (principalmente pola
Mesa para a Normalización Lingüística), é basicamente a 1ª normativa
oficial. En 1980 a Xunta preautonómica aprovou unha normativa, bastante
elástica, mais onde se recomendaban as solucións que depois iria adoptar
a normativa de mínimos (ex. terminacións en -bel, a+o=ao, non existe h
no meio de palabra, acentuación próxima a portuguesa, etc). En 1982
elaborou-se unha nova normativa oficial, que é a que hoxe está vixente.

A CIG ten un pequeno manual en liña sobre a na normativa de mínimos:
http://www.galizacig.com/html/t_documentos.htm#guia

E se alguen ten interese, eu teño unha comparativa entre as distintas
normativas tirada dun libro titulado, Nova gramática para a aprendizaxe
da língua, que lle podo enviar. (Esta en html).

Un saudo
        Ramón
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a