Mon, Jan 31, 2000 at 10:11:39PM +0100, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

>>         Estiven a mirar un pouco os termos que empregades, e non me parecen
>> tan diferentes...  Dos que eu considero "esenciais" (é dicir, que é moito
>> mellor que sexan iguais para facilita-la usabilidade), varían:
>
>ben, con todas as pegas posibles ... eu creo que é mellor comezar con
>algo que da nada. se non se axustan moi ben a certos propositos
>particulares ... máis ben é porque non foron pensados para iso, creo eu.

        Pero se as tivésemos dende o principio...  De calquera xeito,
insisto, as diferencias son mínimas, non máis das que poidan haber
internamente noutros idiomas.

>> File -> Arquivo  (iso é por colle-la traducción de Brasil, tanto nós como
>>                   en Portugal usan Ficheiro)
>
>pero eu creo que ficheiro e arquivo
>teñen matizacións, que veñen sobre todo dados en temas de compresión e
>copias de seguridade: nas documentacións relativas a isto ficheiro é un
>ficheiro e arquivo é o ficheiro comprimido/copia de seguridade(=conxunto
>de ficheiros -> arquivador -> arquivo), tanto dá que estea en tar,
>tar.gz, zip, arj, ...

        Precisamente por iso. :-D

File -> Ficheiro
Archive (.tar.gz, .zip.....) -> Arquivo

        A min paréceme tan sinxelo, que... darlle voltas "pa ná, es
tontería". :-DDD

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a