O Tue  1 Feb 2000 08:41:53 +0100, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribía:

> ... pois non tes nada máis fácil e sinxelo que ir ao portugués, e ver como
> resolven a palabra... "janela"... buf, que pouco "enjebre".

 É que non me gusta nada o de recorrer ao castelán ou ao portugués, agás
para ver como resolveron un tema puntual, do mesmo xeito que eu vou ás
traduccións francesa e italiana para ver como traduciron "screwup in
internal structures" :-)

 Eu son da opinión de que o galego é un idioma polo seu propio dereito, sen
ter que recorrer ao portugués para xustificalo ou esplicalo... e sobre a
enxebreza de "janela"... X-) tampouco é enxebre "criança" :-)

> Aparte, son + de 200 MILLONS de persoas...

 Que falan portugués :-) E máis de 350 que falan español :-) E dous millóns
que falan galego ;-)

-- 
     Jacobo Tarrío Barreiro                Don't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a