Ramon Flores escribeu:

> O seguinte é so unha aclaración, non se tome como unha tentativa de
> discutir a normativa que debe usar o glup-traduccion. Non é esa a
> intención.
>
> "Francisco X. Vázquez" wrote:
> >     Ou moito me engano ou a normativa de mínimos é unha especie de 
> > subconxunto
> > da reintegracionista (lusista) que foi aceptada na normativa oficial
> > (rexeneracionista, illacionista...). Alguns exemplos que se me ocorren:
> >
> >     -ao  = ó                   \_ ambolos dous termos son oficiais
> >     -Galiza = Galicia      /
> >     (se atopo onde lin esto poreivos máis exemplos)
>
> A normativa de mínimos, tamén chamada de concordia (principalmente pola
> Mesa para a Normalización Lingüística), é basicamente a 1ª normativa
> oficial. En 1980 a Xunta preautonómica aprovou unha normativa, bastante
> elástica, mais onde se recomendaban as solucións que depois iria adoptar
> a normativa de mínimos (ex. terminacións en -bel, a+o=ao, non existe h
> no meio de palabra, acentuación próxima a portuguesa, etc). En 1982
> elaborou-se unha nova normativa oficial, que é a que hoxe está vixente.
>

    Pregunta: ¿E na normativa oficial agora vixente non se poden usar os termos 
da
normativa de mínimos?, pregunto porque a min en COU díxome a mestra que si, pero
claro, tamen se podia enganar e con ela todos os da clase. :-(

    Dominas moito a historia do galego, as normativas e todo isto que despois 
de non
sei cantos anos a xente ainda non ten claro. ¿estudiaches filoloxia galega ou 
es un
autodidacta? :-)

>
> A CIG ten un pequeno manual en liña sobre a na normativa de mínimos:
> http://www.galizacig.com/html/t_documentos.htm#guia

    Se cadra bótolle unha ollada pero eu creo que habendo unha normativa 
oficial e
preciso cinguirse a ela. Outra cousa é porse a discutir se a normativa oficial 
é boa
ou non (algo moi de moda ultimamente). Tamen é moi distinto porse a discutir 
sobre
que termos a escoller entre varios sinonimos que todos son oficiais (xanela,
fiestra, ventá), tódalas discursións deberian ser deste ultimo tipo.

>
>
> E se alguen ten interese, eu teño unha comparativa entre as distintas
> normativas tirada dun libro titulado, Nova gramática para a aprendizaxe
> da língua, que lle podo enviar. (Esta en html).
>
> Un saudo
>         Ramón
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
> poñendo "unsubscribe" na mesaxe

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a