Ola Xabi,

Xabi G. Feal wrote:
> Pois entón fai falla máis coordinación ou vamos a traballar algo máis da 
> conta. Deberiades (o equipo de Ubuntu) enviar as traducións aos repositorios, 
> aos autores ou aos grupos de tradución que se adiquen a elo para que non haxa 
> conflictos.
100% de acordo. Pola miña parte fareino en breve. Se ata agora non
mandei nada foi por falta de tempo.

> Pois entón entendo que teremos que chegar a un convenio de carácter práctico 
> para que ninguén se adique a traducir cousas sen preguntar se outro as está a 
> traducir porque 1) O que usa Rosetta non ve as mudanzas (feitas polo equipo 
> oficial) automaticamente 
As traducións existentes entran en Rosetta no momento no que se
actualiza algún paquete en Ubuntu (bastante frecuentemente). Se hai
conflito (unha tradución repetida) dáselle prioridade ás cadeas do
repositorio oficial.

> E outra cousa, por que aparece Kdelibs translated por min en Rosetta se nunca 
> traduxen nada usando Rosetta? Por outra banda non aparecen todos os 
> traducidos por min ou polo resto de colaboradores de KDE@Trasno.
>   
Como ben dices no seguinte correo están tódalas traducións. Na páxina
principal só aparece o nome da persoa que fixo a última modificación.

Non sei se é só percepción miña, pero noto certa "hostilidade" contra
Rosetta/Ubuntu. Só é unha ferramenta de tradución, non se pretende nin
suplantar nin desvalorizar todo o traballo que facedes a xente de
Trasno, de feito xa hai uns meses presentei Rosetta por aquí. Podedes
comprobar no historial da lista "ubuntu-l10n-gl" que a miña proposta
desde o principio foi a de colaborar con vós.

Por outro lado Ubuntu estase facendo moi popular, e ademáis trae no menú
"axuda" a opción de "traducir esta aplicación" (que te leva a Rosetta).
Isto está facendo que se apunte bastante xente. Todos aqueles que
queirades axudar a organizar, actualizar traducións ou a utilizar
Rosetta como ferramenta, sodes, por suposto, benvidos.

Un saúdo.
    Felipe.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a