O Mar, 10-06-2008 ás 08:09 +0200, damufo escribiu:
> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> > Ola,
> > 
> > Estaba a ler o correo, e un compañeiro de piso e máis eu chegamos á 
> > concluisión de que, en castelán, podería ser "almohadilla táctil"... o 
> > que pasa é que en galego non me acaba de convencer...
> > 
> > Eu votaría por deixalo sen traducir... pero vaia...
> > 
> > 2008/6/9, mvillarino <mvillar...@gmail.com <mailto:mvillar...@gmail.com>>:
> > 
> >     O Luns 09 Xuño 2008 14:55, Xosé escribiu:
> > 
> >      > En portugués e en castelán non hai tradución. En francés é "adoquín
> >      > táctil"! Podería ser "superficie táctil"?
> > 
> >     Penso que é mellor non traducilo.
> >     Aliás, "superficie tactil" pode nalgún casos confundirse coas pantallas
> >     táctiles, estas que levan algúns ordenadores de uso en procesos
> >     industriais e
> >     os pontos de información pública, cando menos nun uso "tecnolóxico"
> > 
> >     --
> >     Best regards,
> >     MV
> > 
> Boas:
> 
> Outra opción máis sería sensor táctil.
> 
> Eu son partidario de traducir todo, menos nomes propios. Cando unha 
> palabra non se adapta ao galego (coma é o caso de touchpad) aínda máis 
> importante me parece atoparlle tradución. En caso de que non se chegue a 
> consenso na tradución entendo que polo menos a hai que adaptala á nosa 
> grafía, por exemplo, como pasou con scanner-escaner, neste caso entendo 
> que a tradución sería touchepade-touchepades.

Eu en caso de non lle atopar tradución, deixaría a grafía igual. Pero
creo que "punteiro táctil" é unha tradución aaxeitada, e non cave levar
a confusións.

Responderlle a