Concordo coa idea de traducilo todo. "Touchpad" ten, ademais, o problema de como se pronuncia ese <ou> (o que non pasa con escáner e CD-ROM). Por certo, esta palabra non durará moito: dubido de que en 10 anos sigan existindo esas superficies táctiles porque daquela xa case todo serán pantallas táctiles. E iso tamén me leva a preferir "superficie táctil" sobre "punteiro táctil": agora xa é posíbel facer cousas que non equivalen a un "punteiro", como a selección múltiple (tocar en dous puntos e arrastrar para redimensionar unha imaxe, por exemplo).
Xosé O Wednesday 11 June 2008 13:52:22 damufo escribiu: > Leandro Regueiro escribiu: > > A min a opción de adaptalo á grafía galega non me convence moito. > > Escáner é un caso especial, e hai outros coma cederrón que soan fatal > > e ninguén usa. Unha cousa é intentar propor traducións e outra é que > > se rematen usando. Non sempre imos poder facer que a xente entenda as > > traducións que facemos e nalgúns casos teremonos que adaptar a eles. > > Así que eu penso que ou se atopa unha tradución axeitada ou mellor non > > se traduce. > > > > Ata logo, > > Leandro Regueiro > > > > 2008/6/10 Adrián Chaves <[email protected]>: > >> O Mar, 10-06-2008 ás 08:09 +0200, damufo escribiu: > >>> José Manuel Castroagudín Silva escribiu: > >>>> Ola, > >>>> > >>>> Estaba a ler o correo, e un compañeiro de piso e máis eu chegamos á > >>>> concluisión de que, en castelán, podería ser "almohadilla táctil"... o > >>>> que pasa é que en galego non me acaba de convencer... > >>>> > >>>> Eu votaría por deixalo sen traducir... pero vaia... > >>>> > >>>> 2008/6/9, mvillarino <[email protected] > >>>> <mailto:[email protected]>>: > >>>> > >>>> O Luns 09 Xuño 2008 14:55, Xosé escribiu: > >>>> > En portugués e en castelán non hai tradución. En francés é > >>>> > "adoquín táctil"! Podería ser "superficie táctil"? > >>>> > >>>> Penso que é mellor non traducilo. > >>>> Aliás, "superficie tactil" pode nalgún casos confundirse coas > >>>> pantallas táctiles, estas que levan algúns ordenadores de uso en > >>>> procesos industriais e > >>>> os pontos de información pública, cando menos nun uso > >>>> "tecnolóxico" > >>>> > >>>> -- > >>>> Best regards, > >>>> MV > >>> > >>> Boas: > >>> > >>> Outra opción máis sería sensor táctil. > >>> > >>> Eu son partidario de traducir todo, menos nomes propios. Cando unha > >>> palabra non se adapta ao galego (coma é o caso de touchpad) aínda máis > >>> importante me parece atoparlle tradución. En caso de que non se chegue > >>> a consenso na tradución entendo que polo menos a hai que adaptala á > >>> nosa grafía, por exemplo, como pasou con scanner-escaner, neste caso > >>> entendo que a tradución sería touchepade-touchepades. > >> > >> Eu en caso de non lle atopar tradución, deixaría a grafía igual. Pero > >> creo que "punteiro táctil" é unha tradución aaxeitada, e non cave levar > >> a confusións. > >> > >> > >> -- > >> To unsubscribe, send mail to [email protected]. > > Isto é unha opinión persoal, e no que concordo coa filosofía dos > franceses (penso). Deixar as palabras sen traducir, desde o meu punto de > vista, non é nada positivo para os que queremos o galego, e menos se esa > palabra, non se adapta á nosa grafía. Cada vez que se deixa algo sen > traducir estase a crear confusión e o peor de todo a incluír esa palabra > no vocabulario da xente, hai que darse conta disto, estaselle a ensinar > unha palabra que ao mellor despois non hai forma de quitar ainda que > haxa unha tradución boa. Non entendo porque ensinar touchpad (isto é o > que se fai se se deixa sen traducir), non ten problema pero se poñemos > "punteiro táctil" ou "superficie táctil" que si se entende, si hai > problema. Penso que para o que realmente precisa a tradución (e para min > que me gusta ter as cousas en galego), porque non comprende ben o > ingles, vaille ser moito máis doado lembrar e comprender o que é un > punteiro táctil que un touchpad (por mala que sexa a tradución). Eu vexo > importante atopar unha tradución, calquera menos unha palabra que non se > adapta ao galego.

