Vés un día polo campus de Elviña e móstroche a pantalla táctil da
maquiniña para recargar as malditas tarxetas do bus urbano. O touchpad
teno un portátil calquera...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

On Wed, Jun 11, 2008 at 6:29 PM, damufo <dam...@gmail.com> wrote:
>
>
> Xosé escribiu:
>>
>> Concordo coa idea de traducilo todo. "Touchpad" ten, ademais, o problema
>> de como se pronuncia ese <ou> (o que non pasa con escáner e CD-ROM). Por
>> certo, esta palabra non durará moito: dubido de que en 10 anos sigan
>> existindo esas superficies táctiles porque daquela xa case todo serán
>> pantallas táctiles. E iso tamén me leva a preferir "superficie táctil" sobre
>> "punteiro táctil": agora xa é posíbel facer cousas que non equivalen a un
>> "punteiro", como a selección múltiple (tocar en dous puntos e arrastrar para
>> redimensionar unha imaxe, por exemplo).
>>
>> Xosé
>>
>>
>> O Wednesday 11 June 2008 13:52:22 damufo escribiu:
>>>
>>> Leandro Regueiro escribiu:
>>>>
>>>> A min a opción de adaptalo á grafía galega non me convence moito.
>>>> Escáner é un caso especial, e hai outros coma cederrón que soan fatal
>>>> e ninguén usa. Unha cousa é intentar propor traducións e outra é que
>>>> se rematen usando. Non sempre imos poder facer que a xente entenda as
>>>> traducións que facemos e nalgúns casos teremonos que adaptar a eles.
>>>> Así que eu penso que ou se atopa unha tradución axeitada ou mellor non
>>>> se traduce.
>>>>
>>>> Ata logo,
>>>>                Leandro Regueiro
>>>>
>>>> 2008/6/10 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
>>>>>
>>>>> O Mar, 10-06-2008 ás 08:09 +0200, damufo escribiu:
>>>>>>
>>>>>> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>>>>>>>
>>>>>>> Ola,
>>>>>>>
>>>>>>> Estaba a ler o correo, e un compañeiro de piso e máis eu chegamos á
>>>>>>> concluisión de que, en castelán, podería ser "almohadilla táctil"...
>>>>>>> o
>>>>>>> que pasa é que en galego non me acaba de convencer...
>>>>>>>
>>>>>>> Eu votaría por deixalo sen traducir... pero vaia...
>>>>>>>
>>>>>>> 2008/6/9, mvillarino <mvillar...@gmail.com
>>>>>>> <mailto:mvillar...@gmail.com>>:
>>>>>>>
>>>>>>>    O Luns 09 Xuño 2008 14:55, Xosé escribiu:
>>>>>>>     > En portugués e en castelán non hai tradución. En francés é
>>>>>>>     > "adoquín táctil"! Podería ser "superficie táctil"?
>>>>>>>
>>>>>>>    Penso que é mellor non traducilo.
>>>>>>>    Aliás, "superficie tactil" pode nalgún casos confundirse coas
>>>>>>> pantallas táctiles, estas que levan algúns ordenadores de uso en
>>>>>>> procesos industriais e
>>>>>>>    os pontos de información pública, cando menos nun uso
>>>>>>> "tecnolóxico"
>>>>>>>
>>>>>>>    --
>>>>>>>    Best regards,
>>>>>>>    MV
>>>>>>
>>>>>> Boas:
>>>>>>
>>>>>> Outra opción máis sería sensor táctil.
>>>>>>
>>>>>> Eu son partidario de traducir todo, menos nomes propios. Cando unha
>>>>>> palabra non se adapta ao galego (coma é o caso de touchpad) aínda máis
>>>>>> importante me parece atoparlle tradución. En caso de que non se chegue
>>>>>> a consenso na tradución entendo que polo menos a hai que adaptala á
>>>>>> nosa grafía, por exemplo, como pasou con scanner-escaner, neste caso
>>>>>> entendo que a tradución sería touchepade-touchepades.
>>>>>
>>>>> Eu en caso de non lle atopar tradución, deixaría a grafía igual. Pero
>>>>> creo que "punteiro táctil" é unha tradución aaxeitada, e non cave levar
>>>>> a confusións.
>>>>>
>>>>>
>>>>> --
>>>>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>>
>>> Isto é unha opinión persoal, e no que concordo coa filosofía dos
>>> franceses (penso). Deixar as palabras sen traducir, desde o meu punto de
>>> vista, non é nada positivo para os que queremos o galego, e menos se esa
>>> palabra, non se adapta á nosa grafía. Cada vez que se deixa algo sen
>>> traducir estase a crear confusión e o peor de todo a incluír esa palabra
>>> no vocabulario da xente, hai que darse conta disto, estaselle a ensinar
>>> unha palabra que ao mellor despois non hai forma de quitar ainda que
>>> haxa unha tradución boa. Non entendo porque ensinar touchpad (isto é o
>>> que se fai se se deixa sen traducir), non ten problema pero se poñemos
>>> "punteiro táctil" ou  "superficie táctil" que si se entende, si hai
>>> problema. Penso que para o que realmente precisa a tradución (e para min
>>> que me gusta ter as cousas en galego), porque non comprende ben o
>>> ingles, vaille ser moito máis doado lembrar e comprender o que é un
>>> punteiro táctil que un touchpad (por mala que sexa a tradución). Eu vexo
>>> importante atopar unha tradución, calquera menos unha palabra que non se
>>> adapta ao galego.
>>
>>
>>
> Como xa comentei, prefiro calquera tradución antes que touchpad. Por min
> vale. Pero penso que a pantalla/superficie tactil e o punteiro tactil son
> cousas diferentes, pois como ben dis, un manexa o punteiro (só un) e a
> superficie/pantalla pode permitir máis de un (que conste que eu isto
> descoñezoo, nunca vin cousa tal, será porque ando mais anticuado).
> Saúdos
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a