Xosé escribiu:
Concordo coa idea de traducilo todo. "Touchpad" ten, ademais, o problema de
como se pronuncia ese <ou> (o que non pasa con escáner e CD-ROM). Por certo,
esta palabra non durará moito: dubido de que en 10 anos sigan existindo esas
superficies táctiles porque daquela xa case todo serán pantallas táctiles. E
iso tamén me leva a preferir "superficie táctil" sobre "punteiro táctil":
agora xa é posíbel facer cousas que non equivalen a un "punteiro", como a
selección múltiple (tocar en dous puntos e arrastrar para redimensionar unha
imaxe, por exemplo).
Xosé
O Wednesday 11 June 2008 13:52:22 damufo escribiu:
Leandro Regueiro escribiu:
A min a opción de adaptalo á grafía galega non me convence moito.
Escáner é un caso especial, e hai outros coma cederrón que soan fatal
e ninguén usa. Unha cousa é intentar propor traducións e outra é que
se rematen usando. Non sempre imos poder facer que a xente entenda as
traducións que facemos e nalgúns casos teremonos que adaptar a eles.
Así que eu penso que ou se atopa unha tradución axeitada ou mellor non
se traduce.
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/6/10 Adrián Chaves <[email protected]>:
O Mar, 10-06-2008 ás 08:09 +0200, damufo escribiu:
José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
Ola,
Estaba a ler o correo, e un compañeiro de piso e máis eu chegamos á
concluisión de que, en castelán, podería ser "almohadilla táctil"... o
que pasa é que en galego non me acaba de convencer...
Eu votaría por deixalo sen traducir... pero vaia...
2008/6/9, mvillarino <[email protected]
<mailto:[email protected]>>:
O Luns 09 Xuño 2008 14:55, Xosé escribiu:
> En portugués e en castelán non hai tradución. En francés é
> "adoquín táctil"! Podería ser "superficie táctil"?
Penso que é mellor non traducilo.
Aliás, "superficie tactil" pode nalgún casos confundirse coas
pantallas táctiles, estas que levan algúns ordenadores de uso en
procesos industriais e
os pontos de información pública, cando menos nun uso
"tecnolóxico"
--
Best regards,
MV
Boas:
Outra opción máis sería sensor táctil.
Eu son partidario de traducir todo, menos nomes propios. Cando unha
palabra non se adapta ao galego (coma é o caso de touchpad) aínda máis
importante me parece atoparlle tradución. En caso de que non se chegue
a consenso na tradución entendo que polo menos a hai que adaptala á
nosa grafía, por exemplo, como pasou con scanner-escaner, neste caso
entendo que a tradución sería touchepade-touchepades.
Eu en caso de non lle atopar tradución, deixaría a grafía igual. Pero
creo que "punteiro táctil" é unha tradución aaxeitada, e non cave levar
a confusións.
--
To unsubscribe, send mail to [email protected].
Isto é unha opinión persoal, e no que concordo coa filosofía dos
franceses (penso). Deixar as palabras sen traducir, desde o meu punto de
vista, non é nada positivo para os que queremos o galego, e menos se esa
palabra, non se adapta á nosa grafía. Cada vez que se deixa algo sen
traducir estase a crear confusión e o peor de todo a incluír esa palabra
no vocabulario da xente, hai que darse conta disto, estaselle a ensinar
unha palabra que ao mellor despois non hai forma de quitar ainda que
haxa unha tradución boa. Non entendo porque ensinar touchpad (isto é o
que se fai se se deixa sen traducir), non ten problema pero se poñemos
"punteiro táctil" ou "superficie táctil" que si se entende, si hai
problema. Penso que para o que realmente precisa a tradución (e para min
que me gusta ter as cousas en galego), porque non comprende ben o
ingles, vaille ser moito máis doado lembrar e comprender o que é un
punteiro táctil que un touchpad (por mala que sexa a tradución). Eu vexo
importante atopar unha tradución, calquera menos unha palabra que non se
adapta ao galego.
Como xa comentei, prefiro calquera tradución antes que touchpad. Por min
vale. Pero penso que a pantalla/superficie tactil e o punteiro tactil
son cousas diferentes, pois como ben dis, un manexa o punteiro (só un) e
a superficie/pantalla pode permitir máis de un (que conste que eu isto
descoñezoo, nunca vin cousa tal, será porque ando mais anticuado).
Saúdos